BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp21 núm. 2 páxs. 10-12
  • Que hai que facer para vivir no novo mundo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que hai que facer para vivir no novo mundo?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COÑEZAMOS A DEUS PARA SOBREVIVIR
  • LEAMOS A BIBLIA TÓDOLOS DÍAS
  • PIDÁMOSLLE AXUDA A DEUS
  • Que fixo Deus no pasado?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Podes vivir para sempre na Terra
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Podemos vivir para sempre
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Pronto viviremos nun mundo novo!
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
wp21 núm. 2 páxs. 10-12

Que hai que facer para vivir no novo mundo?

Nos artigos anteriores aprendemos que este mundo está chegando ó seu fin, é dicir, que Deus pronto vai acabar con esta sociedade malvada e con tódolos seus problemas. Por que estamos seguros diso? Porque a Palabra de Deus, a Biblia, promete:

“O mundo pasa” (1 XOÁN 2:17).

Pero tamén estamos seguros de que haberá persoas que sobrevivirán, porque o mesmo texto continúa dicindo:

“Quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre”.

Polo tanto, a clave para sobrevivir é obedecer a Deus. Pero, para obedecelo, primeiro debemos coñecelo.

COÑEZAMOS A DEUS PARA SOBREVIVIR

Serie de imaxes: 1. Unha enfermeira sentándose no chan dun hospital cansada e estresada. 2. A mesma enfermeira, no descanso, fixándose en que a súa compañeira de traballo sorrí feliz mentres le unha revista. 3. A súa compañeira léndolle un versículo da Biblia e dándolle unha tarxeta de contacto de jw.org.

Xesús dixo: “E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro” (Xoán 17:3). Para sobrevivir ó fin do mundo e vivir para sempre, temos que coñecer a Deus. É dicir, non chega con crer que Deus existe e saber algunhas cousas sobre el. Necesitamos ser os seus amigos. E, para ser amigos de alguén, é necesario dedicarlle tempo. Con Deus pasa o mesmo. Vexamos algunhas ensinanzas bíblicas que nos axudan a conseguir e a manter unha boa amizade con Deus.

O que ensina a Biblia

Xa na súa casa, a enfermeira entrando en jw.org.

Deus sempre quixo que vivísemos nun paraíso

Deus creou os primeiros seres humanos, Adam e Eva, e púxoos nun lugar fermoso chamado o xardín de Edén. Eran perfectos e Deus deulles todo o que necesitaban para ser felices. Os dous poderían vivir para sempre. Mentres seguisen sendo amigos de Deus, nunca morrerían. Pero, lamentablemente, decidiron desobedecer un simple mandato que Deus lles dera.

Por que temos problemas e sufrimos

Cando Adam desobedeceu a Deus, tanto el coma toda a humanidade perdemos a oportunidade de vivir para sempre. A Biblia explica: “O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes” (Romanos 5:12). Igual que unha persoa pode herdar os defectos dos seus pais, os descendentes de Adam herdamos a súa imperfección. Por iso, todos nos facemos vellos e morremos.

Deus xa fixo algo para axudarnos

A Biblia di: “De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16). Deus enviou a Xesús á Terra para que dese a súa vida por nós. Ó pensar no que fixo Deus, un home de 86 anos que se chama Prabhakar e vive na India di: “Isto demóstrame que Xehováa me quere moitísimo. O seu amor dáme a esperanza de vivir para sempre”.

Podemos demostrar agradecemento polo que Deus fixo por nós

A Biblia di que podemos demostrar agradecemento polo que fixo Deus se “cumprimos cos seus mandamentos” (1 Xoán 2:3). Xehová Deus ensínanos con cariño o que podemos facer para desfrutar da vida xa agora (Isaías 48:17, 18). Deus non quere que suframos e por iso nos promete que se lle facemos caso seremos felices agora e, ademais, poderemos vivir para sempre.

LEAMOS A BIBLIA TÓDOLOS DÍAS

A enfermeira mirando cara ó ceo despois de ler a Biblia durante o seu descanso para comer.

Sobreviviremos ó fin do mundo se lle pedimos axuda a Deus e facemos o que a el lle gusta.

Para vivir temos que comer tódolos días. Pero Xesús dixo: “Non soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saída da boca de Deus” (Mateo 4:4).

Hoxe encontramos as palabras de Xehová na Biblia. A medida que estudamos este libro sagrado, aprendemos o que Deus fixo no pasado, o que está facendo agora e o que fará no futuro.

PIDÁMOSLLE AXUDA A DEUS

Que podemos facer se queremos obedecer a Deus pero nos custa deixar de facer cousas que el di que están mal? Nese caso, axudaranos moito coñecelo ben.

Vexamos o que lle pasou a unha muller a quen chamaremos Sakura. Ela levaba unha vida inmoral, pero cando comezou a estudar a Biblia aprendeu que Deus manda: “Fuxide da fornicación” (1 Corintios 6:18). Sakura pediulle forzas a Deus e conseguiu cambiar o seu estilo de vida. Pero aínda así, ten que seguir loitando contra as tentacións. Ela di: “Cando teño pensamentos inmorais, fálolle con franqueza a Xehová porque sei que non podo loitar contra isto eu soa. A oración acercoume máis a Xehová”. Como Sakura, millóns de persoas están coñecendo a Deus, e el dálles as forzas que necesitan para facer cambios na vida e vivir dunha forma que lle agrade (Filipenses 4:13).

Canto máis coñezamos a Deus máis nos coñecerá el a nós e poderemos chegar a ser bos amigos seus (Gálatas 4:9; Salmo 25:14, TNM). Así sobreviviremos ó fin deste sistema e poderemos vivir no novo mundo de Deus. Como será ese mundo? O próximo artigo falará sobre isto.

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir