BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb20 xuño páx. 5
  • Que podemos aprender dos irmáns de experiencia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que podemos aprender dos irmáns de experiencia?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Información relacionada
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
  • Que pasou co respecto na familia?
    Despertade! (2024)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
mwb20 xuño páx. 5
Unha irmá nova collendo do brazo a unha irmá maior

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que podemos aprender dos irmáns de experiencia?

Nas congregacións hai irmáns e irmás que levan décadas servindo a Xehová . Podemos aprender moito da súa confianza absoluta nel. Por que non lles pedimos que nos conten sobre a historia da nosa organización e sobre como Xehová lles axudou a superar os problemas? Mesmo podemos invitalos á noite de adoración en familia para que nos conten algunhas das súas experiencias.

Se es un destes irmáns de experiencia, síntete coa liberdade de falarlles da túa fe ós máis novos. Por exemplo, Xacob e Xosé faláronlle da súa fe á familia (Xén. 48:21, 22; 50:24, 25). Tempo despois Xehová dixo que os cabezas de familia debían falarlles ós fillos do seu poder (Dt. 4:9, 10; Sal. 78:4-7). Na actualidade, tanto os pais como outros irmáns na congregación poden falarlles ós máis novos do que Xehová leva feito por medio da súa organización.

DESPOIS DE VER O VÍDEO UNIDOS MALIA A PERSECUCIÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que fixo a sucursal de Austria para axudar os irmáns dalgúns países onde a nosa obra estaba proscrita?

  • Que fixeron os irmáns destes países para que a súa fe seguise sendo forte?

  • Por que moitos predicadores de Romanía abandonaron a organización de Xehová, e como volveron?

  • Como fortalecen a túa fe estas experiencias?

Colaxe: Imaxes do vídeo “Unidos malia a persecución”. 1. Un mapa dos países de Europa do leste onde a nosa obra estivo prohibida. 2. Unha multicopista. 3. Irmáns de Romanía abrazándose

Cantas cousas valiosas podemos aprender dos irmáns de experiencia!

Que podes facer se a maioría dos predicadores da túa congregación se bautizaron hai pouco? Na sección “Biblioteca” de jw.org podes atopar vídeos nos que irmáns que levan moito tempo bautizados contan as súas experiencias. Tamén podes atopalas no Índice de las publicaciones Watch Tower baixo a entrada “Biografías de Testigos de Jehová”.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir