A NOSA VIDA CRISTIÁ
Podes ser feliz malia os problemas
Vivimos “intres difíciles”. Debido a iso, todos nós temos que facer fronte a problemas que nos aflixen (2 Tim. 3:1). Que debemos facer para demostrar que confiamos en Xehová e así superar os problemas? No vídeo “Abriranse os ollos dos cegos” poderás comprobar o que fixeron Talita Alnashi e os seus pais. Despois de ver o vídeo, responde as seguintes preguntas:
Cal é o problema, ou “aguillón”, de Talita?
Que promesas da Biblia axudaron a Talita e ós seus pais a manter unha actitude positiva?
Como demostraron os pais de Talita a súa confianza en Xehová ó pouco da operación?
Que uso fixeron os pais de Talita dos materiais que a organización nos prové para acrecentar o amor da súa nena por Xehová?
Como demostrou Talita que se estaba a achegar a Xehová malia o seu problema?
Como te anima o exemplo de Talita?