BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp20 núm. 2 páxs. 4-5
  • Por que necesitamos o Reino de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que necesitamos o Reino de Deus?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • OS HUMANOS COMEZAN A GOBERNAR
  • É HORA DE ACTUAR!
  • Por que existe a maldade e o sufrimento?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Por que permite Deus a maldade e o sufrimento?
    Deus ten boas noticias!
  • Que propósito ten Deus para a humanidade?
    Que nos ensina a Biblia?
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
wp20 núm. 2 páxs. 4-5
Adam e Eva contemplando unha catarata no xardín de Edén.

Baixo a gobernación de Deus toda a creación estaba unida e en paz

Por que necesitamos o Reino de Deus?

Ó principio da historia humana, o noso Creador, que se chama Xehová, era o único gobernante que existía. Todo o que facía polos humanos era porque os quería moito. Por exemplo, creou en Edén un fermoso xardín e déullelo para que vivisen nel. Ademais, fixo que tivesen comida en abundancia e un traballo do que puidesen desfrutar (Xénese 1:28, 29; 2:8, 15). Se os humanos deixasen que Deus os seguise gobernando, hoxe poderiamos estar desfrutando de paz.

Adam co froito prohibido na man despois de que Eva llo dese.

Os primeiros humanos non quixeron que Deus os gobernase

A Biblia explica que un anxo rebelde, a quen máis adiante se lle chamou Satanás ou Demo, desafiou a Deus dicindo que non tiña dereito a gobernar a humanidade. Insinuou que os seres humanos seriamos máis felices se Deus non nos gobernase. Tristemente, os primeiros humanos, Adam e Eva, decidiron seguir a Satanás e tamén se rebelaron contra Deus (Xénese 3:1-6; Apocalipse 12:9).

Adam e Eva rechazaron a Deus como Gobernante. Como consecuencia, perderon o seu fogar no paraíso no que vivían e a esperanza de vivir para sempre con saúde perfecta (Xénese 3:17-19). A súa decisión tamén lles afectou ós fillos que tiveron máis tarde. A Biblia di que, por culpa do pecado de Adam, “o pecado entrou no mundo” e “polo pecado entrou a morte” (Romanos 5:12). Ademais, o pecado tivo outra tráxica consecuencia: “Un home domina sobre outro para mal” (Eclesiastés 8:9). Noutras palabras, cando os humanos son os que gobernan, os problemas están asegurados.

OS HUMANOS COMEZAN A GOBERNAR

Nimrod cunha actitude arrogante. Detrás del, persoas construíndo un edificio.

Nimrod rebelouse contra Xehová

O primeiro gobernante humano que aparece na Biblia é Nimrod. Este home decidiu rebelarse contra o goberno de Xehová. Dende entón, moitos outros gobernantes abusaron da súa autoridade. Por iso, hai uns 3000 anos, o rei Salomón escribiu: “Velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores” (Eclesiastés 4:1).

Hoxe en día, as cousas seguen igual. No 2009, un artigo publicado polas Nacións Unidas afirmou que cada vez hai máis xente que pensa que os malos gobernos son “unha das principais causas de tódolos males da nosa sociedade”.

É HORA DE ACTUAR!

O mundo necesita mellores gobernantes e un mellor sistema de goberno. E iso é precisamente o que o noso Creador prometeu.

Serie de imaxes: Os resultados da gobernación humana. 1. Unha muller sentada nunha rúa sucia mentres ten o seu bebé no colo. 2. Un home maior enfermo na cama dun hospital. 3. Soldados disparando no campo de batalla. 4. Manifestantes enfadados gritando con pancartas na man. 5. Unha muller e a súa filla fóra da súa casa descubrindo que o cristal da porta da entrada está roto. 6. Unha cidade contaminada, con moitas chemineas e chea de cables de electricidade.

Nin sequera os mellores gobernos humanos conseguiron solucionar os problemas máis importantes da humanidade

Deus estableceu un Reino, ou goberno, que substituirá tódolos gobernos humanos e que “subsistirá para sempre” (Daniel 2:44). Este é o Reino que millóns de persoas levan tanto tempo pedindo en oración (Mateo 6:9, 10). Pero non será Deus mesmo quen goberne, senón que nomeou como Rei alguén que durante un tempo viviu na Terra como humano. A quen escolleu?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir