BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp16 núm. 4
  • Por que sobreviviu a Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que sobreviviu a Biblia?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
  • Información relacionada
  • A Biblia é a mensaxe de Deus para nós
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Unha historia importante
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
  • Que pensas da Biblia?
    Que pensas da Biblia?
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
wp16 núm. 4
Un home le a Biblia.

TEMA DE PORTADA | A BIBLIA. UNHA HISTORIA DE SUPERVIVENCIA

Por que sobreviviu a Biblia?

A Biblia sobreviviu. Grazas a iso, hoxe podes conseguir unha copia e lela. E cando escolles unha boa tradución das Escrituras, podes ter a seguridade de que estás a ler unha copia fiable dos escritos orixinais.a Pero, por que sobreviviu a Biblia, ás veces de forma extraordinaria, a pesar da deterioración dos materiais, a oposición desapiadada e a manipulación deliberada da súa mensaxe? Que ten de especial este libro?

“Agora estou convencido de que a Biblia que teño en as mans é un agasallo de Deus”

Moitos estudantes da Biblia chegaron á mesma conclusión á que chegou o apóstolo Paulo, quen escribiu: “Toda a Escritura está inspirada por Deus” (2 Timoteo 3:16). Cren que a Biblia sobreviviu porque é a Palabra de Deus e porque el a preservou ata os nosos días. Faizal, mencionado no primeiro artigo desta revista, decidiu aclarar as súas dúbidas investigando a Biblia por si mesmo. Quedou sorprendido polo que aprendeu. Non tardou en darse conta de que moitas das doutrinas que ensina a cristiandade non están na Biblia. Ademais, conmoveuno coñecer o propósito que ten Deus para Terra e que se explica na súa Palabra.

Faizal di: “Agora estou convencido de que a Biblia que teño nas mans é un agasallo de Deus. Despois de todo, se Deus puido crear o Universo, seica non terá o poder para darnos a súa Palabra e preservala para nós? Dicir o contrario sería limitar o poder de Deus, do Deus todopoderoso. E quen son eu para facer iso?” (Isaías 40:8).

a Consulta o artigo “Como escoger una buena traducción de la Biblia”, publicado no número do 1 de maio de 2008 desta revista.

Como podemos estar seguros de que a Biblia di a verdade?

Estes artigos trataron sobre a preservación da Biblia. Pero como podes estar seguro de que este libro é de verdade a “palabra de Deus” e non unha simple colección de mitos e lendas? (1 Tesalonicenses 2:13). Mira o vídeo Podemos confiar no que di a Biblia? en www.jw.org (escribe o título do vídeo na barra de busca).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir