BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w15 15/11
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2015)
  • Información relacionada
  • Seguiu instrucións que parecían non ter sentido
    Sirve a Xehová con valor
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2015)
w15 15/11
Os sacerdotes tocan os cornos de carneiro, Xosué bota un grito de guerra e os muros de Xericó empezan a derrubarse.

PREGUNTAS DOS LECTORES

Que proba hai de que Xericó foi conquistada en pouco tempo?

Segundo se explica en Xosué 6:10-15, 20, os soldados israelitas desfilaron arredor de Xericó unha vez ó día durante seis días. No sétimo día, rodearon a cidade sete veces, e Deus fixo que caesen os muros que a protexían. Isto provocou que os israelitas entrasen na cidade e a conquistasen. Hai probas arqueolóxicas que confirmen que Xericó foi conquistada en tan pouco tempo, como di a Biblia?

No pasado, os exércitos adoitaban asediar as cidades amuralladas que querían conquistar. Sen importar canto durase o asedio, os vencedores quedaban cos bens que había na cidade, incluídas as reservas de alimento que aínda tivesen. Non obstante, en Xericó os arqueólogos atoparon grandes cantidades de comida. A revista Biblical Archaeology Review (Bryant Wood) explica: “Ademais de restos de vasillas, o que máis se encontrou entre as ruínas foi gran”. Por que é este un detalle importante? A revista continúa: “Os arqueólogos non descubriron nada igual en Palestina. Ás veces encontraron unha ou dúas vasillas con gran, pero atopar unha cantidade tan grande é un descubrimento excepcional”.

A Biblia di que os israelitas tiñan boas razóns para non quedar co gran que había en Xericó. Xehová mandáralles que non o fixesen (Xos. 6:17, 18). Tamén di que atacaron en primavera, xusto despois do tempo da colleita, cando as reservas de gran eran abundantes (Xos. 3:15-17; 5:10). O feito de que nas ruínas de Xericó encontrasen tanto alimento demostra que foi asediada durante pouco tempo, tal como di a Biblia.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir