BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w93 15/5
  • Segues a Xehová plenamente?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Segues a Xehová plenamente?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (1993)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Moisés manda espías á Terra Prometida
  • “O Señor está connosco”
  • Anos máis tarde seguen sendo fieis
  • Seguiu a Xehová plenamente
  • Sigue sempre a Xehová plenamente
  • Mantívose leal ó seu Deus
    Sirve a Xehová con valor
  • Os doce espías
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Os recordos de Xosué
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2002)
  • Sigamos a Xehová con todo o corazón
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (1993)
w93 15/5

Segues a Xehová plenamente?

“O XUSTO vai seguro coma un león” (Proverbios 28:1). Os que son xustos teñen fe, confían plenamente na Palabra de Deus, e seguen servindo a Xehová con valor aínda que sexa perigoso facelo.

Mentres os israelitas estaban no Sinaí —despois de que Deus os liberase da escravitude en Exipto no ano 1513 a. n. e.— houbo dous homes que demostraron ser valentes coma leóns. Eles confiaron en Xehová incluso nos momentos difíciles. Un deses homes foi Xosué, da tribo de Efraím, que era servo de Moisés e que despois foi nomeado o seu sucesor (Éxodo 33:11; Números 13:8, 16; Deuteronomio 34:9; Xosué 1:1, 2). O outro foi Caleb, o fillo de Iefuneh, da tribo de Xudá (Números 13:6; 32:12).

Caleb cumpriu con entusiasmo e lealdade o que Xehová quería. Por iso, ó final da súa longa vida puido dicir: “Camiñei detrás do Señor, o meu Deus” (Xosué 14:8). E que hai de ti? Estás seguindo a Xehová plenamente?

Moisés manda espías á Terra Prometida

Imaxina que es un dos israelitas que Xehová acaba de liberar da escravitude dos exipcios. Fíxate en como o profeta Moisés segue fielmente as instrucións que Deus lle dera e observa o seguro que está Caleb de que Xehová está co seu pobo.

Pouco máis dun ano despois de que fosen liberados de Exipto, os israelitas están acampados en Cadex-Barnea, no deserto de Parán. Atópanse ás portas da Terra Prometida! Tal como Deus ordenara, Moisés manda doce espías a Canaán e dilles: “Subide polo deserto e escalade logo a montaña. Ollaredes ben a terra, como é, e o pobo que nela habita: se é forte ou feble, se escaso ou numeroso; e tamén como é a terra na que habita: se é boa ou mala; e como son as cidades nas que mora: se abertas ou fortificadas; e como é o terreo: se fértil ou estéril, se hai nel árbores ou non. ¡Animádevos e collede froitos da terra!” (Números 13:17-20).

Os doce espías empezan a súa perigosa viaxe que durará corenta días. En Hebrón atópanse con homes moi grandes. Despois, no Val do Acio ven que a terra é moi fértil e deciden levarse algún froito. Un só acio de uvas pesa tanto que teñen que cargalo entre dous cunha vara! (Números 13:21-25).

Cando volven ó campamento, os espías dan o seguinte informe: “Fomos á terra, onde ti nos enviaches: verdadeiramente é un país que deita leite e mel. ¡Ei-los seus froitos! Pero o pobo que habita o país é forte, e as cidades, fortificadas e moi grandes. Alí vimos tamén os descendentes de Anac. Amalec habita no país do Négueb; o hitita, o iebuseo e o amorreo habitan na montaña, e o cananeo mora onda o mar e na beira do Xordán” (Números 13:26-29). Dez destes espías teñen tanto medo que non están dispostos a obedecer a Deus e ir cara á Terra Prometida.

“O Señor está connosco”

Pero Caleb non ten medo e confía en Xehová. Por iso lles di: “¡Subamos sen medo e apoderémonos do país, porque nós podemos con eles!”. Pero os outros dez espías non están de acordo e din que os habitantes de Canaán son máis fortes que os israelitas. Cheos de medo e sen fe, estes dez espías vense a si mesmos coma simples saltóns en comparación cos seus inimigos (Números 13:30-33).

Xosué e Caleb intentan animar o pobo dicíndolle: “O Señor está connosco. ¡Non lles teñades medo!”. Pero a xente non lles fai caso e incluso falan de apedralos. Pero entón Deus intervén e anuncia que castigará os rebeldes dicindo: “Non entraredes no país, onde, estendendo a miña man, xurei facervos habitar, excepto Caleb, fillo Iefuneh, e Xosué, fillo de Nun. En cambio ós vosos mozos, [...] a eses introducireinos, e coñecerán o país que vós desprezastes. [...] Os vosos fillos andarán errantes no deserto [...] ata que acaben de consumirse no deserto os vosos cadáveres. Conforme os corenta días que tardastes en explora-lo país, pagaréde-la pena das vosas iniquidades: por cada día un ano, isto é, corenta anos” (Números 14:9, 30-34).

Anos máis tarde seguen sendo fieis

Durante eses corenta anos no deserto, toda a xeración rebelde morre. Pero Caleb e Xosué seguen sendo fieis a Deus. Nas chairas de Moab, Moisés e o sumo sacerdote Elazar fixeran un censo dos homes que tiñan 20 anos ou máis. Agora, Deus escolle un home de cada tribo de Israel para que se encarguen de dividir a Terra Prometida e repartila entre as tribos. Entre os escollidos están Caleb, Xosué e Elazar (Números 34:17-29). Aínda que Caleb xa ten 79 anos, segue sendo forte, leal e valente.

Cando Moisés e Aarón fixeron o censo do pobo no Sinaí, pouco antes de que por medo se negasen a entrar na terra de Canaán, había en Israel 603.550 homes cualificados para a guerra. Pero despois de corenta anos no deserto, o número de guerreiros baixou. Tan só son 601.730 homes (Números 1:44-46; 26:51). Aínda así, tendo a Xosué como líder e a Caleb pelexando no seu bando, os israelitas entran na Terra Prometida e gañan unha loita tras outra. Xehová estaba gañando as batallas polo seu pobo, tal como Xosué e Caleb xa sabían.

Aínda que son maiores, Xosué e Caleb cruzan o río Xordán para dirixirse á Terra Prometida e loitan xunto ó resto de soldados. Pero despois de seis anos loitando, aínda queda moita terra por conquistar. Xehová encargarase de expulsar os seus habitantes, pero agora ordénalles que a terra se reparta proporcionalmente entre as tribos de Israel (Xosué 13:1-7).

Seguiu a Xehová plenamente

Caleb, que xa é un guerreiro de moita experiencia, vai onda Xosué e dille: “Eu tiña xa corenta anos cando Moisés, o servo de Deus, me enviou desde Cadex-Barnea a percorre-lo país, e, en voltando, deille novas de acordo co meu corazón. Meus irmáns, que subiron comigo, fenderon o corazón do pobo, namentres que eu camiñei detrás do Señor, o meu Deus” (Xosué 14:6-8). Caleb ten razón, el seguira a Xehová plenamente, facendo sempre a súa vontade.

Caleb segue dicindo: “E xurou Moisés naquel día, dicindo: a terra que pisaron os teus pés, ¿logo non ha de ser decote eido para ti e para teus fillos?, pois camiñaches detrás do Señor, o meu Deus. E agora, velaquí que o Señor retivo a miña vida, como prometera, durante corenta e cinco anos, desde que llo anunciou Moisés, cando Israel andaba polo deserto; e agora, velaquí que teño hoxe oitenta e cinco anos. Non obstante, aínda agora estou forte como no día que me enviou Moisés para a loita, e para me desenvolver con soltura. Rógoche, pois, que me déa-la montaña esa á que se referiu o Señor naquel día, pois xa oíches entón que estaban alí os anaquitas, e que as cidades eran grandes e ben defendidas. Pero pode ser que o Señor estea comigo, de xeito que consiga botalos, como El dixo”. Entón, Caleb recibe Hebrón como herdanza (Xosué 14:9-15).

Caleb xa ten 85 anos, pero aínda ten que conquistar unha zona moi difícil porque nela viven homes que teñen un tamaño descomunal. Pero isto non é demasiado para este guerreiro. Finalmente Caleb derrota estes homes e conquista Hebrón. Otoniel, o fillo do irmán máis novo de Caleb e xuíz de Israel, conquista a cidade de Debir. Máis tarde os levitas ocuparían eses dous lugares, e Hebrón converteríase nunha cidade de refuxio para os homicidas involuntarios (Xosué 15:13-19; 21:3, 11-16; Xuíces 1:9-15, 20).

Sigue sempre a Xehová plenamente

Caleb e Xosué eran humanos imperfectos. Aínda así, cumpriron fielmente coa vontade de Xehová. A súa fe non se debilitou durante os corenta anos cheos de dificultades que pasaron no deserto por culpa da desobediencia dos israelitas. Da mesma maneira, os servos de Xehová da actualidade non permiten que nada interfira no seu servizo a Xehová. Como saben que Satanás está loitando contra Xehová, mantéñense fieis e apoian sempre o seu Pai celestial.

Por exemplo, moitas testemuñas de Xehová arriscáronse a que os maltratasen e matasen por celebrar a Conmemoración da morte de Xesús (1 Corintios 11:23-26). Unha irmá que estivo nun campo de concentración nazi durante a Segunda Guerra Mundial dixo sobre isto:

“Díxosenos a todos que estivésemos na lavandería ás once da noite. Exactamente a esa hora reunímonos alí en total unhas 105 persoas. Puxémonos un ó lado do outro e formamos un círculo. No medio había unha banqueta cun pano branco no que estaban o pan e o viño. Utilizabamos unha vela para iluminar o cuarto, porque a luz eléctrica podería delatarnos. Sentiámonos como os primeiros cristiáns, que tiñan que reunirse ás agachadas nas catacumbas. Fixemos unha celebración solemne. Volvemos a prometerlle ó noso Pai celestial que utilizariamos tódalas nosas forzas para dar a coñecer o seu nome e que nos manteriamos fieis a favor da Teocracia”.

A pesar das probas polas que pasamos os servos de Xehová, podemos confiar en que el nos dará as forzas para seguir servíndolle con valor e honrar o seu santo nome (Filipenses 4:13). O relato de Caleb pode axudarnos a seguir esforzándonos por agradar a Deus. Ver como este servo fiel seguiu a Xehová plenamente impresionou moito a un irmán novo que empezou no servizo a tempo completo no ano 1921. El escribiu:

“Aínda que facerme pioneiro implicaba deixar un bo traballo nunha moderna imprenta de Coventry (Inglaterra), nunca me arrepentín de facelo. Eu dedicáralle a miña vida a Xehová, así que sabía que iso era o que tiña que facer. Acordeime do exemplo de Caleb, que entrou na Terra Prometida con Xosué, e de quen se dixo que ‘[camiñou] detrás do Señor’ (Xosué 14:8). Iso mesmo era o que tiña que facer eu. Sabía que servir a Xehová a tempo completo faría que a miña vida tivese sentido e que me axudaría a cultivar as cualidades que todo cristián debería ter”.

Está claro que Caleb foi bendicido por seguir plenamente a Xehová e facer sempre a Súa vontade. Igual ca el, outros servos de Xehová sentiron unha grande alegría e recibiron moitas bendicións por servir a Deus. Que ese tamén sexa o teu caso como persoa que segue plenamente a Xehová.

[Imaxe]

Caleb e Xosué foron fieis a Xehová cando pasaron por probas. E ti? Seralo tamén?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir