BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w86 1/6
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (1986)
  • Información relacionada
  • Ionatán, un home valente e leal
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Necesitou valor para ser leal
    Sirve a Xehová con valor
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (1986)
w86 1/6

Preguntas dos lectores

◼ Perdeu Ionatán a aprobación de Deus cando comeu mel despois de que o rei Saúl maldixese a calquera soldado que comese antes de que rematase a batalla?

A maldición precipitada que pronunciou Saúl foi unha parvada e a Biblia non di que Ionatán perdese a aprobación de Xehová cando comeu un pouco de mel.

Podemos ler este relato en 1 Samuel 14:24-45. Os israelitas, animados polos bos resultados que conseguira Ionatán, estaban loitando contra os filisteos. Entón, o rei Saúl dixo: “Maldito o que probe bocado ata a tarde, primeiro de que eu me vingue dos meus inimigos” (1 Samuel 14:24). Pero Ionatán non escoitara o xuramento do seu pai e comeu un chisco de mel para coller forzas. Despois, outros soldados israelitas que tamén estaban esgotados pecaron cando comeron carne sen desangrar. Saúl construíu un altar para que Xehová lles perdoase ese pecado, pero non sabía o que fixera seu fillo.

Cando Saúl lle preguntou a Deus se debían seguir loitando, Xehová non lle respondeu. Entón, despois de usar o tummim (o que talvez incluía sortes sagradas), o rei soubo que seu fillo comera mel. Pero, facía iso culpable a Ionatán de violar a Lei de Deus?

Para empezar, pensa na actitude que tiña Saúl cando fixo o xuramento. Ó parecer, Saúl non quería vencer os filisteos para honrar a Xehová. Máis ben, o que lle importaba era demostrar canto poder tiña el como rei. Por iso, na súa maldición centrouse en si mesmo ó dicir: “Primeiro de que eu me vingue dos meus inimigos”. Pero un xuramento así non podía ter a aprobación de Xehová. Ademais, ese xuramento precipitado foi a causa de que os soldados israelitas comesen carne que aínda tiña sangue. Se Saúl non pronunciase aquela maldición, seguramente os soldados comerían algo antes da batalla e terían forzas para completar a vitoria.

Deus permitiu que o sacerdote usase o tummim para mostrar que Ionatán comera un pouco mel, pero iso non significa que aprobase o que fixo Saúl. O relato non di en ningún momento que Xehová considerase a Ionatán culpable de violar a súas leis. De feito, aínda que Ionatán estaba disposto a morrer por romper o xuramento do seu pai, finalmente non tivo que sufrir ese castigo. Os soldados israelitas defendérono dicindo: “Non caerá por terra un cabelo da súa cabeza, pois Deus obrou hoxe por el”. Dese xeito salvaron a súa vida. Nos anos seguintes foi Ionatán quen seguiu contando coa aprobación de Xehová, mentres que seu pai cometía un erro tras outro.

◼ Cantos homes como Sansón e Xedeón foron nomeados xuíces en Israel?

A cantidade de xuíces que serviron en Israel depende un pouco da forma na que vemos algúns israelitas. Pero pode dicirse que entre o tempo de Xosué e o de Samuel houbo doce homes que foron nomeados xuíces por Xehová para dirixir a nación de Israel.

Nos días de Moisés e Xosué, houbo homes maiores que serviron de xuíces, é dicir, foron escollidos para escoitar e xulgar casos legais (Éxodo 18:21, 22; Xosué 8:33; 23:2). Despois da morte de Xosué, os israelitas deixaron de adorar a Xehová e, como resultado, foron atacados por outras nacións. Xuíces 2:16 di: “Máis adiante fixo o Señor xurdir xuíces, e salvounos das mans dos seus saqueadores”. En primeiro lugar, Xehová nomeou coma xuíz, ou salvador, un home chamado Otoniel (Xuíces 3:9). Despois del viñeron Ehud, Xamgar, Barac, Xedeón, Tolá, Iair, Xefté, Ibsán, Elón, Abdón e Sansón.

Á parte destes doce homes, a Biblia tamén di que Déborah, Elí e Samuel actuaran coma xuíces (Xuíces 4:4; 1 Samuel 4:16-18; 7:15, 16). Aínda así, Déborah foi principalmente unha profetisa que axudou ó xuíz Barac a salvar os israelitas. Do mesmo xeito, Elí foi ante todo o sumo sacerdote, e non un salvador que guiase á nación de Israel na batalla (Nehemías 9:27). Polo tanto, aínda que algunhas veces Déborah e Elí actuaron coma xuíces, non hai razón para incluílos entre os doce homes que Xehová nomeou. Feitos 13:20 di que Xehová deu “xuíces ata o tempo do profeta Samuel”. Isto define a que chegou a ser coñecida como a época dos xuíces, e explica porque Samuel e os seus fillos tampouco adoitan ser incluídos entre eles (1 Samuel 8:1).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir