BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg páxs. 2-3
  • Carta do Consello Reitor

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Carta do Consello Reitor
  • Sirve a Xehová con valor
  • Información relacionada
  • Podes servir a Xehová con valor!
    Sirve a Xehová con valor
  • Axúdame a ter valor
    Cantémoslle a Xehová con alegría
  • Ser valente non é demasiado difícil
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Sirve a Xehová con valor
wcg páxs. 2-3

Carta do Consello Reitor

Edición impresa

Queridos irmáns e irmás:

Na mensaxe que lle enviou á congregación de Esmirna, Xesús díxolle: “Non teñas medo dos sufrimentos que che esperan” (Apoc. 2:10). Este consello de non ceder ó medo tamén nos aplica a tódolos que vivimos “no día do Señor” (Apoc. 1:10). É evidente que estes son “tempos críticos e difíciles de soportar”, e resulta moi emocionante ver como, por todo o mundo, o pobo de Deus mantén a súa integridade e enfróntase ás probas con fe e valor (2 Tim. 3:1-5).

Un home de tempos bíblicos camiñando a través dunha extensa paisaxe desértica.

Como podemos asegurarnos de manternos firmes e non ser “dos que recúan” polo medo? (Heb. 10:39). Non sempre vai ser fácil, pois pode que pasemos por oposición ou incluso que nos persigan. Aínda así, sempre teremos outra opción. Podemos decidir poñernos de parte de Xehová con valor e facer o correcto, independentemente de se somos tímidos ou valentes por natureza. Que pode axudarnos?

A Biblia pode axudarche a atopar valor. Está chea de exemplos de homes e mulleres valentes. Este libro está pensado para axudarnos a analizar os seus exemplos e meditar neles. Cando estudes estes relatos bíblicos baixo oración, pensa na túa situación e nos desafíos ós que te enfrontas agora ou os que quizais te esperen no futuro. Medita en como Xehová pode axudarche a ser valente. E tamén, en como a fe que demostraron estes homes e mulleres pode axudarche a mostrar valor nos seguintes aspectos:

Ó facer cambios (Sant. 3:17). Cando Xehová rexeitou a Saúl e escolleu a David como seguinte rei, Ionatán mostrou lealdade e valor apoiando de todo corazón a decisión de Xehová.

Ó defender os xustos principios de Xehová (Heb. 11:32-34). Hananías, Mixael e Azarías estiveron dispostos a enfrontarse á morte nun forno de lume antes que ceder á presión e comprometer a súa fe cometendo un acto de idolatría.

Ó falarlles da verdade a outros (Mat. 22:16). A xente pensaba que Saulo de Tarso lles axudaría a perseguir os cristiáns, pero el xa non era o mesmo e faloulles con valor sobre a verdade de Xesús.

Esperamos que esta publicación che axude a ter aínda máis fe e valor (Sal. 27:14). Que Xehová te bendiga mentres axudas á túa familia e á congregación a poñerse con valor de parte do Reino de Deus!

Os vosos irmáns,

Consello Reitor das Testemuñas de Xehová

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir