BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 51 páxs. 228-231
  • “Fillo do consolo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Fillo do consolo”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Seguíronse enchendo de espírito santo e de alegría”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Falando con valor grazas á autoridade que lles daba Xehová”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Fortalecendo as congregacións”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Bernabé e Paulo fan discípulos en lugares afastados
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 51 páxs. 228-231

51 BERNABÉ

“Fillo do consolo”

Edición impresa
Edición impresa

DESPOIS de estar fóra de Xerusalén tres anos, Saulo de Tarso volveu e buscou os cristiáns de alí (Gál. 1:15-19). Para el agora eran os seus irmáns, pero para eles el seguía sendo un cruel perseguidor. Parece que moitos deles non acababan de crer que de verdade cambiase. Pero un home sentiu compaixón por el e tivo o valor de axudarlle. A este home chegóuselle a coñecer como Bernabé.

Os cristiáns de Xerusalén non se atreveron a axudar a Saulo de Tarso, pero Bernabé foi valente e saíu na súa axuda.

A primeira vez que a Biblia fala de Bernabé, di que era un cristián chamado Xosé. Arredor do Pentecostés do ano 33, Xosé vendeu un terreo e deu os cartos para axudar ós cristiáns que o necesitaban. Era coñecido pola súa amabilidade e por estar disposto a animar os demais, por iso os apóstolos chamáronlle Bernabé, que significa “fillo do consolo”. Máis tarde, no ano 36, tivo o valor de darlle a benvida a Saulo. A Biblia di: “Foi a axudarlle e levouno onda os apóstolos”.

Bernabé presentándolles con cariño a Saulo a dous apóstolos que están nunha casa revisando rolos.

Ese foi o comezo dunha longa e bonita amizade. Saulo predicou con tanto entusiasmo sobre Xesús que algúns fanáticos xudeus querían matalo. Por iso os irmáns decidiron enviar a Saulo a Tarso, o lugar onde nacera. En canto a Bernabé, este foi enviado a Antioquía, en Siria, uns nove anos despois para fortalecer os novos irmáns de alí. A Biblia di que “era un home bo que estaba cheo de espírito santo e fe”. Como resultado houbo tantas persoas que aceptaron as boas noticias en Antioquía que Bernabé necesitaba máis axuda. Así que foi a Tarso a buscar o seu amigo Saulo. Os dous formaron un equipo de predicación moi bo. Ademais, axudaron a organizar labores de socorro para levarlles axuda ós irmáns que o necesitaban.

Saulo, que co tempo chegou a ser coñecido como Paulo, iniciou unha viaxe misional xunto con Bernabé. Durante o percorrido, o seu valor púxose a proba unha e outra vez. Por exemplo, en Iconio, algúns opositores xudeus quixeron apedralos ata matalos, así que os dous misioneiros marcharon de alí e foron a Listra. Ó principio a xente de alí pensou que eran deuses. Pero chegaron opositores de Iconio e Antioquía que os fixeron cambiar de opinión. Volvéronse contra Paulo, apedrárono e deixárono fóra da cidade pensando que estaba morto. Pero cando os cristiáns de Listra se xuntaron arredor del, púxose de pé e incluso foi capaz de volver andando ata a cidade. Imaxina o contento que se debeu poñer Bernabé ó ver que Paulo seguía vivo. Máis tarde marcharon de Listra, pero non tardaron en volver para animar os cristiáns de alí. Demostraron moito valor volvendo a un sitio onde intentaran matalos.

Xuntos, Bernabé e Paulo enfrontáronse a moitos perigos e viviron moitas experiencias emocionantes. Pero nunha ocasión a súa amizade púxose a proba. Bernabé estaba decidido a levar con eles ó seu primo Marcos na seguinte viaxe. Pero Paulo non quería, porque Marcos xa os abandonara unha vez. Ningún dos dous quería dar o seu brazo a torcer e iso “provocou unha discusión tan grande que cada un marchou polo seu lado”.

Seguiría Bernabé enfadado con Paulo, ou perdoaríao? Necesitaba valor para facer o correcto. Cando xorde un desacordo entre irmáns o máis fácil podería ser seguir enfadados, falar mal do outro e incluso deixar de ir ás reunións. Fai falta valor para facer todo o posible por facer as paces cos irmáns e agradar a Xehová.

A pesar da discusión que tiveron, os dous seguiron servindo a Xehová. Bernabé e Marcos saíron en barco cara a Chipre, onde continuaron coa obra de facer discípulos. Paulo foi predicar onde tiña planeado con Silas e conseguiron grandes cousas coa axuda de Xehová.

Quedaron resentidos un co outro? Non. Tempo máis tarde, Paulo falou ben de Bernabé nas súas cartas inspiradas. Por exemplo, cando lles escribiu ós corintios, dixo que Bernabé traballara duro para manterse e poder seguir co seu ministerio (1 Cor. 9:6). Noutra carta tamén mencionou a Marcos, “o primo de Bernabé”, e falou de forma positiva del (Col. 4:10, 11). Pode que a estreita colaboración entre Paulo e Bernabé acabase, pero a súa amizade non. Non hai dúbida de que Bernabé seguiu vivindo á altura do seu nome, facendo todo canto estaba na súa man para consolar a outros coas boas noticias. E seguro que tamén seguiu capacitando a Marcos durante todo o tempo que estivo con el. De feito, no seguinte capítulo falaremos do valor que demostrou Marcos.

Le o relato da Biblia:

  • Feitos 4:34-37; 9:23-31; 11:19-30; 12:25–13:5, 42-52; 14:1-26; 15:35-41

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Bernabé?

Afonda máis

  1. 1. Os levitas non herdaron ningunha terra. Entón, como é posible que Bernabé, que era levita, tivese un terreo? (Núm. 18:20; Feit. 4:36, 37; w98 15/4 páx. 20 par. 4, nota-wcgr).

  2. 2. Por que di a Biblia que Bernabé era apóstolo? (Feit. 14:14; it “Bernabé” par. 3-wcgr).

  3. 3. Estando en Chipre, Bernabé e Paulo predicáronlle a un home chamado Serxio Paulo. Estaba no certo Lucas, o escritor de Feitos, ó chamarlle “procónsul”? (Feit. 13:7, 12; it “Chipre” par. 7-wcgr). A

    Bank of Cyprus Cultural Foundation Collection

    Imaxe A: Moeda acuñada durante o reinado de Claudio, o emperador que gobernaba cando Bernabé e Paulo visitaron Chipre. Nela identifícase ó gobernador da illa como “procónsul”.

  4. 4. Por que non é raro que os habitantes de Listra quixesen ofrecer sacrificios para darlles a benvida a Bernabé e Paulo? (bt páx. 97, recadro).

Medita no que aprendiches

  • De que maneiras prácticas podemos imitar a xenerosidade de Bernabé?

  • Parece que Bernabé organizou a primeira viaxe misional que fixo con Paulo. Pero despois Paulo chegou a ter máis responsabilidade ca el. Aínda así, non hai nada que indique que Bernabé tivese envexa de Paulo. Como podemos imitar o seu exemplo? B

    Serie de imaxes: 1. Un ancián de mediana idade dirixe con alegría o estudo de “A Atalaia” no Salón do Reino, mentres un irmán máis novo desfruta do privilexio de facer a lectura. 2. Anos máis tarde, o irmán máis novo dirixe o estudo de “A Atalaia” mentres o ancián desfruta da reunión sentado no auditorio.

    Imaxe B

  • De que maneiras podes imitar o valor de Bernabé na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Por que estás agradecido de que Bernabé fose escollido para gobernar con Cristo no ceo?

Aprende máis

Como nos ensina a relación que había entre Bernabé e Paulo que persoas con diferentes personalidades poden traballar xuntas?

“Solucionarás as diferenzas e promoverás a paz?” (w17.06 páxs. 16-20)

Nesta representación, mira como os irmáns da actualidade poden solucionar as diferenzas igual que fixeron Bernabé e Paulo.

“Temos que facer as cousas ben” (3:23)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir