BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 11
  • Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Como me pode axudar a Biblia? | Parte 3. Aproveita ó máximo a túa lectura da Biblia
    Preguntas da xuventude
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Por onde empezar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 11
Lección 11. Unha muller lendo a Biblia mentres fai un descanso das tarefas da casa.

LECCIÓN 11

Como lle podes sacar o máximo proveito á Biblia

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Algunha vez quixeches empezar un proxecto moi grande pero sentías que era demasiado difícil? Para que che fose máis fácil, poida que o dividises en tarefas máis pequenas. Pasa o mesmo coa lectura da Biblia. Quizais te preguntes: “Por onde empezo?”. Nesta lección, imos analizar algunhas cousas básicas que che axudarán a desfrutar de ler e estudar a Biblia.

1. Por que debemos ler a Biblia con regularidade?

As persoas que len con regularidade a “vontade do Señor”, é dicir, a Biblia, serán felices e iralles ben (le Salmo 1:1-3). Para comezar a facelo, intenta lela uns minutiños cada día. Canto máis te familiarices coa Palabra de Deus, máis desfrutarás da súa lectura.

2. Que che vai axudar a sacar o máximo proveito de ler a Biblia?

Para sacar o máximo proveito de ler a Biblia, necesitamos parar e pensar no que estamos a ler. Isto quere dicir que, ademais de ler, tamén temos que meditar no que lemos (Xosué 1:8). Por exemplo, cando leas pregúntate: “Que me ensina isto sobre Xehová? Como podo aplicalo na miña vida? Como podo usar o que estou lendo para axudar a outros?”.

3. Como podes sacar tempo para ler a Biblia?

Cústache atopar tempo para ler a Biblia? A moitos tamén nos pasa. Intenta aproveitar o teu tempo o mellor posible (Efesios 5:16). Podes facelo apartando un momento específico para ler a Biblia cada día. Algúns sacan tempo para lela cedo polas mañás. Outros fano máis tarde, quizais cando paran para comer. E outros incluso a len pola noite, antes de ir durmir. Cal sería o mellor momento para ti?

AFONDA MÁIS

Aprende como podes facer máis interesante a túa lectura da Biblia e como podes prepararte ben para sacarlle o máximo proveito a este curso.

Colaxe: Un rapaz vai aprendendo a desfrutar de certa comida co paso do tempo. 1. O neno xoga coa comida. 2. Uns anos despois, o mesmo rapaz come a comida. 3. Xa de mozo, o rapaz desfruta desa mesma comida.

Igual que podemos aprender a desfrutar de diferentes comidas, tamén podemos aprender a desfrutar de ler a Biblia

4. Aprende a desfrutar de ler a Biblia

Pode que non sexa fácil empezar a ler a Biblia. Pero podes aprender a desfrutar da súa lectura igual que aprendes a desfrutar dunha comida nova. Lede 1 Pedro 2:2 e logo comentade esta pregunta:

  • Se les a Biblia tódolos días, pensas que che chegaría a gustar e que terías cada vez máis ganas de lela?

Poñede o VÍDEO e mirade como algúns empezaron a desfrutar de ler a Biblia. Logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Rapaces que aprenderon a valorar a Palabra de Deus (5:33)

  • Que desafíos superaron os rapaces do vídeo?

  • Que lles axudou a seguir lendo a Biblia con regularidade?

  • Que fixeron para que a súa lectura da Biblia fose máis interesante?

Axudas para empezar

  • Escolle unha tradución da Biblia fiable e actual. Proba a ler La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo se está dispoñible no teu idioma ou noutro que coñezas ben.

  • Empeza pola parte que che pareza máis interesante. Se queres algunhas ideas, mira o recadro “Por onde empezar a ler a Biblia”.

  • Anota o que vaias lendo. Usa o recadro “A miña lectura da Biblia” que aparece neste libro.

  • Usa a aplicación JW Library®. Con ela podes ler e escoitar a Biblia en moitos idiomas. Podes facelo dende calquera lugar usando o teu móbil ou outro dispositivo electrónico.

  • Utiliza os apéndices de La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo. Estes apéndices inclúen un glosario, mapas e táboas que poden facer máis interesante a túa lectura.

5. Prepara as túas clases da Biblia

Lede Salmo 119:34 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é bo que ores antes de ler a Biblia e de preparar as clases?

Como podes sacar o máximo proveito de cada clase? Cando prepares unha lección deste curso, proba este método:

  1. Le os parágrafos da primeira páxina da lección.

  2. Busca e le os textos da Biblia, e intenta ver como se relacionan coa información.

  3. Marca as palabras clave ou as frases que responden cada pregunta. Isto axudarache cando analices a lección co teu mestre.

Colaxe: Unha muller preparándose para a súa clase da Biblia. A. Le a primeira páxina da lección. B. Le na súa Biblia os textos que aparecen citados. C. Marca as palabras e frases clave da lección.

Sabíalo?

As testemuñas de Xehová usamos diferentes traducións da Biblia. Pero a que máis nos gusta é La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo porque é exacta, fácil de entender e usa o nome de Deus (mira o artigo web “Teñen as testemuñas de Xehová a súa propia Biblia?”).

HAI QUEN DI: “Estudar a Biblia é moi difícil. Estou demasiado canso e non teño tempo”.

  • Ti que pensas sobre estudar a Biblia?

RESUMO

Para sacar o máximo proveito da Biblia aparta tempo para lela, pídelle a Deus que che axude a entender o que les e prepara as túas clases da Biblia.

Repaso

  • Que che axudará a sacar o máximo proveito da Biblia?

  • Cando poderías sacar tempo para ler e estudar a Biblia?

  • Por que é bo que te prepares para as túas clases da Biblia?

Intenta isto

INVESTIGA

Repasa algunhas ideas que che poden axudar a sacar o máximo proveito de ler a Biblia.

“Desfruta de ler a Biblia” (La Atalaya, núm. 1 2017)

Aprende tres maneiras de ler a Biblia.

“Como me pode axudar a Biblia? | Parte 1. Descubre os tesouros da Biblia” (Artigo web)

Descubre como desfrutar lendo a Biblia.

“Como me pode axudar a Biblia? | Parte 2. Desfruta lendo a Biblia” (Artigo web)

Queres sacar máis proveito do teu estudo? Escoita algúns consellos de xente que leva moitos anos lendo a Biblia.

Como tirar proveito do estudo persoal (2:06)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir