BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bhs páxs. 3-7
  • Que quere Deus para nós?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que quere Deus para nós?
  • Que nos ensina a Biblia?
  • Dispoñible en Ensina
  • Subtítulos
  • A BIBLIA DI QUE DEUS VAI FACER COUSAS ABRAIANTES POLA HUMANIDADE
  • A BIBLIA PODE MELLORAR A TÚA VIDA
Que nos ensina a Biblia?
bhs páxs. 3-7

Que quere Deus para nós?

CANDO ves a televisión, escoitas a radio, miras as noticias en Internet ou les o periódico, decátaste de que o mundo está cheo de crime, violencia, guerras e terrorismo. Poida que ti mesmo esteas a sufrir por mor dunha enfermidade ou porque perdiches a un dos teus na morte.

Unha familia escoita as noticias na radio

Quizais te preguntes:

  • É isto o que Deus quere para min e para a miña familia?

  • Onde podo atopar axuda para afrontar os meus problemas?

  • Haberá algún día paz no mundo?

Podes confiar nas respostas que dá a Biblia.

A BIBLIA DI QUE DEUS VAI FACER COUSAS ABRAIANTES POLA HUMANIDADE

  • A xente xa non se fará vella nin sufrirá nin morrerá (Apocalipse 21:4)

  • “O coxo saltará coma un corzo” (Isaías 35:6)

  • “Abriranse os ollos dos cegos” (Isaías 35:5)

  • Os mortos volverán vivir (Xoán 5:28, 29)

  • Non haberá enfermidades (Isaías 33:24)

  • Haberá comida dabondo para todos (Salmo 72:16)

    Un home maior volve ser novo. Unha nena deixa a súa cadeira de rodas e bota a correr. Os mortos volven vivir. Un cego volve ver e un enfermo cura

A BIBLIA PODE MELLORAR A TÚA VIDA

Unha testemuña de Xehová estuda a Biblia cun home

Poida que penses que o que acabas de ler nas primeiras páxinas deste libro é só un soño. Pero Deus prometeu que moi pronto fará todos estes cambios na Terra. E a Biblia explica como o vai facer.

A Biblia tamén explica o que temos que facer para sermos felices xa agora e desfrutar da vida. Pensa por un momento nas cousas que che preocupan. Poida que sexan os cartos, a familia, a saúde ou a morte dun ser querido. A Biblia pode axudarche a afrontar estes problemas e darche o acougo que precisas. Nela atoparás as respostas a preguntas coma estas:

  • Por que sufrimos?

  • Como podemos afrontar os problemas?

  • Como podemos ter unha familia feliz?

  • Que pasa cando morremos?

  • Volveremos ver os nosos seres queridos que morreron?

  • Por que podemos estar seguros de que Deus fará todo o que prometeu?

Se estas a ler este libro é porque queres saber o que ensina a Biblia. Este manual vaiche axudar a conseguilo. Grazas ás preguntas dos parágrafos poderás entendela mellor. Millóns de persoas de todo o mundo desfrutaron moito aprendendo da Biblia coas testemuñas de Xehová. Esperamos que ti tamén o fagas. Estamos seguros de que Deus che axudará a descubrir o que nos ensina a Biblia.

COÑECE A TÚA BIBLIA

A BIBLIA contén 66 libros e cartas. Cada un está dividido en capítulos e versículos. Isto fai que sexa doado atopar unha cita na Biblia. Cando se cita un texto bíblico neste manual, o primeiro número que aparece despois do nome do libro da Biblia indica o capítulo, e o seguinte número refírese ó versículo. Por exemplo, se ves “2 Timoteo 3:16”, significa que tes que buscar a segunda carta a Timoteo, capítulo 3, versículo 16.

Se buscas os textos que se citan neste manual, aprenderás a usar a Biblia en pouco tempo. Tamén podes empezar a ler a Biblia tódolos días. Se les de tres a cinco capítulos cada día, poderás lela enteira nun ano.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir