BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g24 núm. 1 páxs. 13-15
  • Que pasou co respecto por un mesmo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que pasou co respecto por un mesmo?
  • Despertade! (2024)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE RESPECTARSE A UN MESMO
  • QUE PODES FACER TI
  • QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ
  • Que pasou co respecto na familia?
    Despertade! (2024)
  • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Busca sabedoría para a vida diaria en JW.ORG
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
Ver máis
Despertade! (2024)
g24 núm. 1 páxs. 13-15
Unha muller triste mirándose nun espello.

Que pasou co respecto por un mesmo?

POR QUE É IMPORTANTE RESPECTARSE A UN MESMO

As persoas que se respectan a si mesmas poden enfrontarse con confianza ós problemas da vida e non se renden facilmente.

  • Os estudos mostran que os que non teñen un bo concepto de si mesmos son propensos a sufrir ansiedade, depresión e trastornos alimenticios. Tamén é máis probable que abusen do alcohol, dos medicamentos ou que consuman drogas.

  • As persoas que se respectan a si mesmas evitan compararse con outros, o que lles facilita levarse ben cos demais e conseguir amizades fortes. Por outro lado, é máis probable que os que non se respectan sexan críticos, e isto dana as relacións.

  • Incluso cando se enfrontan a problemas, as persoas que teñen unha boa autoestima mantéñense fortes e non permiten que os contratempos lles impidan alcanzar as súas metas. Pero os que teñen pouca autoestima ven os seus pequenos fallos moito máis grandes do que son en realidade, e iso pode facer que se rendan máis facilmente.

QUE PODES FACER TI

Escolle amigos que te fortalezan. Faite amigo de persoas respectuosas, que se preocupen de verdade por ti e que te poidan fortalecer.

“O amigo ama en todo tempo, e amósase coma un irmáu no perigo” (Proverbios 17:17, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto).

Axúdalles a outros. Cando es amable e fas cousas por outros, incluso polos que non che poden devolver o favor, encontras a verdadeira felicidade que obtés ó dar. Serás feliz aínda se os demais non se dan conta do que fas.

“Hai máis felicidade en dar que en recibir” (Feitos 20:35).

Axúdalles ós teus fillos a ter unha boa autoestima. Unha maneira de facelo é permitíndolles resolver os seus problemas, na medida na que poidan. Así saberán como enfrontarse ós problemas e como solucionalos. Se o conseguen, terán máis respecto por si mesmos e isto seralles moi útil cando sexan adultos.

“Afai ó mozo ó seu vieiro: aínda de vello non se apartará del” (Proverbios 22:6).

Unha testemuña de Xehová dirixindo un curso da Biblia cunha muller nunha cafetería.
Unha testemuña de Xehová dirixindo un curso da Biblia cunha muller nunha cafetería.

QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ

As reunións e o programa de estudo da Biblia das Testemuñas de Xehová axúdanlles ás persoas a mellorar a súa vida e a súa autoestima.

AS NOSAS REUNIÓNS SEMANAIS

Nas nosas reunión semanais desfrutamos de escoitar conferencias baseadas na Biblia que moitas veces inclúen ideas para mellorar a autoestima. Son gratuítas e pode asistir quen queira. Por exemplo, nelas aprenderás...

  • ... por que es importante para Deus

  • ... como encontrar o propósito da vida

  • ... como conseguir amizades fortes e duradeiras

Tamén encontrarás verdadeiros amigos que se preocupan “por igual uns dos outros” (1 Corintios 12:25, 26).

Para aprender máis sobre as nosas reunións, busca en jw.org o vídeo curto Como son as nosas reunións?

O NOSO CURSO DA BIBLIA

Ofrecemos cursos bíblicos interactivos e gratuítos usando o libro Desfruta da vida para sempre! Neste curso destácanse textos da Biblia prácticos que se analizan cun mestre usando preguntas. Tamén inclúe vídeos interesantes e ilustracións moi bonitas. Este curso axúdalles ás persoas a mellorar a súa vida e a respectarse máis a si mesmas.

Para ver como che pode axudar estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová, busca en jw.org o vídeo curto Por que estudar a Biblia?

Israel Martínez.

PARA APRENDER MÁIS

Israel Martínez sentíase pouquiña cousa en comparación cos demais porque era pobre e porque fora poucos anos á escola. Busca o artigo “Xa non me avergonzo de quen son” en jw.org para ver como asistir ás reunións das Testemuñas de Xehová e estudar a Biblia lle axudou a este home a respectarse máis a si mesmo.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir