BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Romanos 7
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Romanos 7:23

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    3/2024, páx. 9

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
A Biblia, SEPT
Romanos 7:1-25

Carta ós Romanos

7 ¿Ou descoñecedes, irmáns —falo para os que coñecéde-la Lei— que a lei domina no home unicamente mentres vive? 2 Así a muller casada está sometida pola lei ó home mentres lle vive; pero, se morre o home, queda liberada da vinculación legal a el. 3 Por iso, se mentres lle vive o home, vai con outro, será adúltera; pero, se lle morre o home, queda libre desa lei; de forma que xa non será adúltera se casa con outro home.

4 Así que, meus irmáns, tamén vós quedastes mortos para a Lei mediante o corpo de Cristo, para pertencerdes a outro: a aquel que resucitou dos mortos; de xeito que deamos froitos para Deus. 5 De feito, cando estabamos na nosa condición irredenta, os degoros do pecado suscitados pola Lei influían nos nosos membros, a fin de que fructificasemos para a morte. 6 Pero agora, mortos a aquilo que nos encadeaba, quedamos liberados da Lei, de modo que poidamos servir na novidade do espírito e xa non máis na decrepitude da letra.

7 —¿Temos que concluír, logo, que a Lei é pecado?

—De ningunha maneira. Non obstante, eu non coñecín o pecado senón pola Lei, porque non coñecería a cobiza se a Lei non dixese “non cobizarás”. 8 O pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, fixo inzar en nós toda clase de cobiza; fóra da Lei o pecado está morto. 9 De feito houbo un tempo no que eu non estaba baixo a Lei, e vivía; pero, ó aparece-la Lei, recobrou a vida o pecado 10 e morrín eu. Atopeime así con que o mandamento, que era para dar vida, daba a morte. 11 Porque o pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, extravioume e, valéndose del, levoume á morte.

12 —Por conseguinte, en si a Lei é santa e o mandamento santo, xusto e bo. 13 ¿Resulta, logo, que o que era bo se fixo morte para min?

—Non, abofé. Pero o pecado, valéndose do que era bo, causoume a morte, mostrándose así no seu auténtico carácter de pecado; dese xeito, gracias ó mandamento, resalta extraordinariamente o carácter criminal do pecado.

14 Certo que sabemos que a Lei é espiritual; pero eu son carnal, vendido coma escravo ó pecado. 15 Realmente, o que fago non o entendo: posto que non fago aquilo que quero, senón que fago precisamente aquilo que detesto. 16 E, se o que fago é o que non quero, con iso recoñezo que a Lei é boa.

17 Pero entón xa non son eu o que obro, senón, máis ben o pecado que mora en min. 18 Pois sei que non é o ben o que mora en min, é dicir, na miña condición irredenta, porque o querer está dentro de min, pero o obra-lo ben, non. 19 Pois non fago o ben que quero, senón que fago o mal que non quero. 20 E se o que fago é xustamente o que non quero, non son eu quen o fai, senón o pecado que mora en min.

21 Atopo, por tanto, en min esa lei: que, ó querer face-lo ben, o que me sae é o mal. 22 Na intimidade do meu ser comprázome coa Lei de Deus, 23 pero vexo outra lei no meu corpo, que lle fai a guerra á lei da miña razón, escravizándome á lei do pecado, que levo no meu corpo. 24 ¡Pobre de min! ¿Quen me librará deste meu corpo instrumento da morte? 25 —¡Pero, si: gracias a Deus por medio de Xesús Cristo o noso Señor!

Así que eu mesmo coa razón sirvo á Lei de Deus, pero cos baixos instintos á lei do pecado.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir