BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Romanos 6
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Romanos 6:3

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 110

Romanos 6:7

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 29

Romanos 6:17

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 34

Romanos 6:23

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 66

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
A Biblia, SEPT
Romanos 6:1-23

Carta ós Romanos

6 ¿Que diremos logo? ¿Manterémonos no pecado, para que abunde a gracia?

2 —De ningunha maneira. Os que xa morremos ó pecado, ¿como imos vivir aínda nel? 3 ¿Ou ignorades que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del? 4 Enterrámonos, logo, con el polo bautismo para a morte, para que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova. 5 Pois se fomos enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del, seguro que tamén o seremos por unha resurrección semellante.

6 Tendo en conta isto, o noso home vello foi crucificado, para que fose destruído o corpo pecador, a fin de non servirmos máis ó pecado. 7 Porque o que morre queda liberado do pecado.

8 Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; 9 e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. 10 Porque o seu morrer foi un morrer ó pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus. 11 Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero vivos para Deus en Cristo Xesús.

12 Que non domine o pecado o voso corpo mortal, para obedecérde-las súas cobizas. 13 Nin ofrezáde-los vosos membros coma armas da inxustiza ó servicio do pecado. Máis ben poñédevos á disposición de Deus, coma mortos que volvestes á vida. E ofrecede os vosos membros coma armas da xustiza ó servicio de Deus. 14 Porque o pecado non vos dominará, que non estades xa debaixo da Lei, senón debaixo da gracia.

15 ¿E logo, que? ¿Imonos pór a pecar, porque xa non estamos baixo a Lei, senón baixo a gracia?

—De ningunha maneira. 16 Ben sabedes que se vos ofrecedes a alguén coma escravos para o obedecer, sodes escravos dese a quen obedecedes: se ó pecado, para acabar na morte; se á obediencia, para acada-la xustificación.

17 Pero, gracias a Deus, vós, anque erades escravos do pecado, obedecestes de corazón a doutrina fundamental á que vos entregaron; 18 e, liberados do pecado, fixéstesvos escravos da xustiza 19 (falo á maneira humana por mor da vosa natural limitación). Así que, do mesmo xeito que antes puxéste-los vosos membros ó servicio da inmoralidade e da desorde para caerdes na anarquía moral, así agora poñede os vosos membros ó servicio da xustiza para chegardes á santidade.

20 Cando erades escravos do pecado, estabades ceibos fronte á xustiza. 21 ¿Que froito sacastes entón daquilo do que agora vos avergonzades? Porque a fin diso é a morte. 22 Agora, en troques, liberados do pecado e feitos escravos de Deus, tedes coma froito a santidade e coma fin a vida eterna. 23 Pois o xornal do pecado é a morte, pero o regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir