BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Xoán 7
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Xoán 7:53

Notas

  • *

    A perícopa 7:53-8:11, anque na actualidade forma parte do cuarto evanxeo, non é xoánica, senón que pertence á tradición sinóptica. Probablemente nun principio formara parte do evanxeo de Lucas, en torno ós sucesos dos últimos días de Xesús en Xerusalén (Lc 20:1; 21:1-37; 22:53), cando Xesús residía no Monte das Oliveiras (Lc 21:37; comparar con Xn 8:1).

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
A Biblia, SEPT
Xoán 7:1-53

Evanxeo segundo San Xoán

7 E despois disto, andaba Xesús pola Galilea, pois non quería andar pola Xudea, porque os xudeus queríano matar.

2 Estaba a chega-la festa dos xudeus chamada “das Tendas”.

3 Dixéronlle entón seus irmáns:

—Sae de aquí e vai para Xudea, para que tamén os teus discípulos vexan as obras que fas; 4 porque quen quere ser famoso non actúa ás agachadas. Se fas esas cousas, móstrate ó mundo. 5 (Era visto que nin seus irmáns crían nel).

6 Xesús contestoulles:

—O meu tempo aínda non chegou, pero o voso sempre está á man. 7 Non pode o mundo aborrecervos a vós; pero a min aborréceme, porque eu testemuño contra el que as súas obras son ruíns. 8 Subide vós á festa: eu non subo, que aínda non chegou o meu tempo.

9 Despois desta conversa quedou na Galilea. 10 Pero cando seus irmáns xa subiran á festa, entón tamén el subiu, non manifestamente, senón en secreto.

11 Entón os xudeus buscábano na festa, e dicían:

—¿Onde está ese? 12 E polo baixo a xente falaba moito del. Uns dicían: “é un bo home”; outros, ó revés: “nada, nada: é un embelequeiro”. 13 Mais ninguén falaba del en público, por medo ós xudeus.

14 A iso da metade da festa, subiu Xesús ó templo e púxose a ensinar.

15 Admirábanse entón os xudeus, dicindo:

—¿Como é que este sabe todo o que sabe sen estudialo?

16 —Respondeulles Xesús:

—A miña doutrina non é miña, senón daquel que me mandou.

17 Se alguén quere face-la vontade de Deus, distinguirá se esta doutrina vén de Deus ou se é que eu falo pola miña conta. 18 Quen fala pola súa conta, busca a propia gloria; polo contrario, quen procura o prestixio de quen o mandou, ese é veraz e non hai inxustiza nel. 19 ¿Non vos deu Moisés a Lei? E, con todo, ningún de vós a garda. ¿Por que me queredes matar?

20 Respondeu a xente:

—¡Seica te-lo demo! ¿Quen te quere matar a ti?

21 Xesús replicou:

—Fixen unha obra só, e todos vos marabillades. 22 Vexamos, logo, unha cousa. Moisés déuvo-la circuncisión (que, ben mirado, non vén de Moisés, senón dos Pais) e, anque sexa sábado, vós circuncidades un home. 23 E se circuncidades un home en sábado, sen quebrantárde-la Lei de Moisés, ¿como é que vos alporizades comigo, porque curei en sábado a un home enteiro? 24 Non xulguedes pola aparencia, non; xulgade conforme á xustiza.

25 Algúns dos habitantes de Xerusalén comentaban:

—¿Non é a este ó que lle trataban a morte? 26 Pois mira como fala á vista de todo o mundo e mais non lle din nada. ¿Será que de verdade as autoridades chegaron a recoñecer que el é o Mesías? 27 O caso é que este sabemos de onde é; mentres que o Mesías, cando veña, ninguén saberá de onde é.

28 Gritou entón Xesús, mentres ensinaba no templo:

—¿Así que a min coñecédesme e sabedes de onde son? Pois non vos vin pola miña conta; a min mandoume o Veraz, a quen vós non coñecedes. 29 Eu coñézoo, que de onda El son e foi El quen me mandou.

30 Daquela trataban de prendelo; pero ninguén lle botou man: aínda non chegara a súa hora. 31 Moita xente creu nel e dicía:

—¿E o Mesías, cando veña, fará máis sinais ca este?

32 Oíron os fariseos que o pobo andaba nestes falares e entón eles e mailos xefes dos sacerdotes mandaron gardas para o prenderen. 33 Dixo entón Xesús:

—Aínda estarei un pouquiño máis entre vós, e despois voume onda Aquel que me mandou. 34 Buscar buscarédesme, pero non me encontraredes, pois onde eu estea vós non poderedes vir.

35 Dixéronlles uns xudeus a outros:

—¿Para onde irá este, que non o poidamos atopar? ¿Irá quizais para onda os emigrantes en terras dos gregos, predicarlles a eles? 36 ¿Que significará iso que dixo, “buscar, buscarédesme, pero non me encontraredes”, e “onde estea eu vós non poderedes vir”?

37 No derradeiro día, o máis grande da festa, púxose Xesús de pé, e gritou:

—Se alguén ten sede, que veña onda min e beba quen cre en min. 38 Como di a Escritura, deitaranlle do seu ventre regueiros de auga viva. 39 (Isto dicíao do Espírito que habían recibir cantos creran nel: pois aínda non había Espírito, porque Xesús non fora aínda glorificado).

40 Cando oíron isto, algúns de entre a xente, dicían: “Este é verdadeiramente o Profeta”. 41 Outros: “Este é o Mesías”. Outros, en cambio, dicían: “Pero ¿é que o Mesías vai vir da Galilea? 42 ¿Non di a Escritura que o Mesías ha vir da semente de David, e de Belén, a vila de onde era David?”

43 E houbo división no pobo, por causa del. 44 Algúns queríano prender, pero ninguén lle puxo enriba as mans.

45 Foron entón os gardas onda os xefes dos sacerdotes e os fariseos. Eles preguntáronlles:

—¿Por que non o trouxestes?

46 Responderon os gardas:

—Nunca ninguén falou así coma este home.

47 Respondéronlles os fariseos:

—¿Seica vos engaiolou tamén a vós? 48 ¿Vistes que algún dos maxistrados ou dos fariseos crese nel? 49 Non. E a xente esa, que non coñece a Lei, son uns malditos.

50 Un deles, Nicodemo, o que fora primeiro onda el, dixo:

51 —¿Desde cando a nosa Lei xulga un home sen antes escoitalo e investiga-lo que fixo?

52 Respondéronlle:

—¿Tamén ti es da Galilea? Pois estudia e verás como da Galilea non sae profeta ningún.

53 E fóronse cada un para a súa casa*

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir