BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Xoán 14
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Xoán 14:6

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 15

Xoán 14:9

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 17

Xoán 14:21

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 28

Xoán 14:23

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 17

Xoán 14:28

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 15

Xoán 14:31

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 17

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
A Biblia, SEPT
Xoán 14:1-31

Evanxeo segundo San Xoán

14 Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. 2 Na casa do meu Pai hai moitas moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía arranxar un lugar? 3 E cando vaia e vos arranxe un lugar, voltarei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén. 4 E a onde eu vou, vós ben sabéde-lo camiño.

5 Dille Tomé:

—Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño?

6 Xesús respondeulle:

—Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min. 7 Se me coñecesedes, coñeceriades tamén a meu Pai; anque xa desde agora o coñecedes e o tedes visto.

8 Felipe díxolle:

—Señor, móstrano-lo Pai e abóndanos.

9 Xesús replicoulle:

—Pero, Felipe, ¿levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a min, viu o Pai. ¿Como dis entón “móstrano-lo Pai”? 10 ¿Non cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que permanece en min, quen fai as súas obras. 11 Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras. 12 Con toda verdade volo aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes aínda, pois estou para irme onda o Pai; 13 e o que pidades no meu nome, heino facer, para que o Pai sexa glorificado no Fillo. 14 Se algo me pedides no meu nome, eu fareino.

15 Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, 16 e eu rogareille ó Pai, e daravos outro Paráclito para que decote estea convosco: 17 o Espírito da Verdade. O mundo non o pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois permanece onda vós e está en vós. 18 Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós. 19 Un pouquiño máis e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes vivir. 20 Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós. 21 Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o que me ama será amado por meu Pai, e eu amareino e manifestareime a el.

22 Xudas, o outro, non o Iscariote, preguntoulle:

—¿Que pasou, para que ti vaias manifestarte a nós e non ó mundo?

23 Xesús respondeulle:

—Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el. 24 O que non me ama, non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.

25 Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; 26 pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen. 27 Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou coma o mundo a dá. Non vos angustiedes, nin teñades medo. 28 Oístes que vos dixen “voume e logo volvo onda vós”. Se me amasedes, alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis ca min.

29 Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades. 30 Xa non falarei moito convosco, pois está a vi-lo príncipe deste mundo. Sobre min non ten nada; 31 mais é para que saiba o mundo que eu amo ó Pai, e que, coma o Pai me mandou, así fago. Erguede, vámonos de aquí.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir