BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Xoán 13
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Xoán 13:34

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 18

    A Atalaia,

    1/3/2012,

Xoán 13:35

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    3/2023, páxs. 26-31

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 90

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 18

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
A Biblia, SEPT
Xoán 13:1-38

Evanxeo segundo San Xoán

13 Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara ós seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.

2 E mentres ceaban —xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote, para que o entregase—, 3 sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus e ía onda Deus, 4 ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. 5 Despois, botou auga nunha palangana e comezou a lavárlle-los pes ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida. 6 Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:

—Señor, ¿vasme lava-los pés ti a min?

7 Xesús respondeulle:

—O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.

8 Pedro replicoulle:

—Ti non me lavara-los pés a min endexamais.

Xesús respondeulle:

—Se non te lavo, non terás parte comigo.

9 Exclamou Simón Pedro:

—Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza.

10 Dille Xesús:

—Quen se bañou, non precisa máis que lava-los pes, pois está todo limpo; e vós estades limpos, aínda que non todos.

11 Sabía quen o había de entregar: por iso dixo “non todos estades limpos”.

12 Despois que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e preguntoulles:

—¿Comprendéde-lo que fixen convosco? 13 Vós chamádesme “Mestre” e “Señor” e dicides ben porque o son. 14 Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavárvo-los pés uns a outros. 15 Deivos así un exemplo, para que, coma eu fixen convosco, así fagades tamén vós. 16 Con toda verdade volo aseguro: o servo non é meirande có seu Señor, nin o mensaxeiro é meirande ca quen o mandou. 17 Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades.

18 Non o digo por todos vós: eu sei ben a quen escollín; pero para que se cumpra a Escritura: O que come comigo o pan, levantou contra min o seu pé. 19 Dígovolo desde agora, antes de que suceda, para que cando suceda, creades que eu son. 20 Con toda verdade volo aseguro: quen acolla a aquel que eu mande, acólleme a min; e quen me acolle a min, acolle a quen me mandou.

21 Dito isto, Xesús turbouse no seu interior e declarou abertamente:

—Con toda verdade volo digo: un de vós hame de entregar.

22 Os discípulos miraban uns para outros, sen saberen de quen falaba. 23 Estaba recostado no peito de Xesús un dos seus discípulos, aquel a quen Xesús amaba. 24 Entón Simón Pedro fíxolle un aceno, para que lle preguntase a quen aludía. 25 Daquela el, así apoiado no peito de Xesús, preguntoulle:

—Señor, ¿quen é?

26 Xesús respondeulle:

—É aquel a quen eu lle vou da-lo pan mollado.

E mollando o pan, deullo a Xudas, o de Simón Iscariote. 27 E naquel instante, xunto co pan, entrou nel Satanás. Entón díxolle Xesús:

—O que vas facer, faino axiña.

28 Ningún dos que estaban sentados á mesa comprendeu por que lle dixera isto. 29 Algúns coidaban que, ó ter Xudas a bolsa do diñeiro, dicíalle Xesús: “merca o que precisamos para a festa”, ou que lles dese algo ós pobres. 30 El, collendo o pan, saíu axiña. Era de noite.

31 Cando saíu, dixo Xesús:

—Agora queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel. 32 Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña. 33 Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Habédesme buscar, pero, como lles dixen ós xudeus, dígovolo a vós agora: “onde vou eu, vós non podedes vir”. 34 Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. 35 Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.

36 Simón Pedro preguntoulle:

—Señor, ¿onde vas?

Xesús respondeulle:

—Onde eu vou non podes ti seguirme agora, seguirasme despois.

37 Pedro replicoulle:

—¿Por que non podo seguirte agora? Estou disposto a da-la miña vida por ti.

38 Xesús respondeulle:

—¿Que ti dara-la túa vida por min? Con toda verdade cho aseguro: non cantará o galo, antes de que me negues tres veces.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir