BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Lucas 23
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Lucas 23:43

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    12/2022, páxs. 8-9

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
  • 54
  • 55
  • 56
A Biblia, SEPT
Lucas 23:1-56

Evanxeo segundo San Lucas

23 Cando se levantou a sesión, conduciron a Xesús ante Pilato. 2 Alí empezárono a acusar, dicindo:

—Atopamos a este revolucionando ó pobo, impedíndolle paga-lo tributo ó César, e declarándose ademais Mesías e rei.

3 Pilato preguntoulle:

—¿Es ti o rei dos xudeus?

Respondeulle:

—Ti o dis.

4 Entón díxolles Pilato ós sumos sacerdotes e mais á xente:

—Eu non atopo delito ningún neste home.

5 Pero eles teimaban dicindo:

—Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.

6 Oíndo aquilo, Pilato preguntou se aquel home era galileo. 7 Ó saber que pertencía á xurisdicción de Herodes, remitiullo a el, que casualmente estaba por aqueles días en Xerusalén.

8 Herodes, ó ver a Xesús, alegrouse moito, porque había tempo que o quería ver, polo moito que tiña oído falar del; de por parte esperaba ver algún milagre. 9 Fíxolle moitas preguntas, pero Xesús non dixo palabra. 10 Tamén estaban alí os sumos sacerdotes e mailos letrados acusándoo arrufadamente. 11 Herodes e mailos seus soldados aldraxárono, e, para faceren riso del, vestírono cunha roupa fachendosa; e despois Herodes mandoullo de volta a Pilato. 12 E desde aquel día Herodes e Pilato, que se levaban moi mal, quedaron amigos.

13 Pilato convocou os sumos sacerdotes, os xefes e mailo pobo 14 e díxolles:

—Trouxéstesme este home coma se fose un revolucionario; pero eu, despois de o interrogar diante de vós, non atopei nel ningún delito deses dos que o acusades; 15 nin tampouco Herodes, que nolo devolveu. Nada que mereza a morte cometeu; 16 así que voulle pór un escarmento, e despois vouno soltar.

17 —

18 Pero todos empezaron a berrar, dicindo:

—¡Fóra ese, solta a Barrabás!

19 (Este estaba na cadea por unha revolta con asasinato, ocorrido na cidade).

20 Pilato volveulles falar, pois quería librar a Xesús. 21 Pero eles berraban:

—¡Crucifícao, crucifícao!

22 Pilato replicou por terceira vez:

—¿Pero que mal fixo? Ningún delito de morte atopei nel. Dareille un escarmento e soltareino.

23 Pero eles porfiaban a berros e pedían a crucifixión, facendo cada vez máis algareo. 24 Por fin Pilato sentenciou tal coma eles querían. 25 Soltou ó que reclamaban —o encadeado por revolta e asasinato—, e a Xesús entregóullelo ó seu antollo.

26 Cando o levaban, botaron man dun certo Simón de Cirene, que viña da leira, e cargáronlle a cruz, para que a levase detrás de Xesús. 27 Ía tras eles unha chea de xente e mulleres batendo no peito e laiándose por el. 28 Xesús volvéndose a elas, díxolles:

—Fillas de Xerusalén, non choredes por min: chorade máis ben por vós e polos vosos fillos. 29 Porque, mirade, veñen días nos que se dirá: ”Afortunadas as ésteriles, os ventres que non enxendraron e os peitos que non criaron”. 30 E pediranlles ós montes: ¡Caede enriba de nós!, e ós outeiros: tapádenos. 31 Porque se isto fan coa árbore verde, ¿que lle pasará á seca?

32 Levaban con el tamén a outros dous bandidos, para executalos. 33 E cando chegaron ó lugar chamado “A Caveira”, crucificárono alí; e con el os dous bandidos: un á dereita e outro á esquerda del.

34 Xesús dicía:

—Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan.

E, botando á sorte, repartiron a roupa del. 35 A xente estaba a mirar, e os xefes moqueábanse del, dicindo:

—A outros salvounos. Pois que se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.

36 Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre, 37 dicindo:

—Se ti e-lo rei dos xudeus, sálvate a ti mesmo.

38 E había un letreiro enriba del: “Este é o rei dos xudeus”.

39 Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:

—¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.

40 Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:

—¿Seica non temes a Deus, ti que sófre-la mesma condena ca el? 41 Nós, polo menos, recibímo-lo que merecemos, pero este non fixo mal ningún.

42 E dicíalle:

—Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.

43 Xesús respondeulle:

—Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.

44 Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde. 45 Pois houbo unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio. 46 Entón Xesús, pegou un berro moi alto e dixo:

—¡Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito.

E dicindo isto, morreu.

47 O centurión, vendo o que sucedera, glorificou a Deus, dicindo:

—Realmente este home era inocente.

48 E toda a xente que acudira ó espectáculo, ó ve-lo que pasaba, volvía batendo no peito. 49 Os seus coñecidos seguían todo de lonxe, e igual as mulleres que o acompañaran desde Galilea.

50 Un home bo e honrado, chamado Xosé, que era conselleiro 51 —anque el non estivera de acordo co proceder do Consello—, natural de Arimatea, vila de Xudea, e que esperaba o Reino de Deus, 52 presentouse a Pilato e pediulle o corpo de Xesús. 53 Logo, despois de o baixar, envolveuno nunha saba e púxoo nun sepulcro cavado na rocha, que estaba sen estrear. 54 Era día da Preparación e xa despuntaba o sábado. 55 Tamén estiveron presentes as mulleres que o acompañaban desde Galilea, pois seguiron a Xosé, e viron o sepulcro e como o depositaba. 56 Cando regresaron, prepararon perfumes e bálsamos. Pero o sábado descansaron, conforme o mandado.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir