BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Lucas 16
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Lucas 16:13

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 46

Lucas 16:18

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    12/2018,

Lucas 16:23

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 187

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
A Biblia, SEPT
Lucas 16:1-31

Evanxeo segundo San Lucas

16 E díxolles tamén ós seus discípulos:

—Dunha vez había un home rico que tiña un administrador, do que lle foron contar que estaba a lle acabar cos bens. 2 Chamou por el e díxolle: “¿Que é iso que sinto falar de ti? Dáme conta da túa administración, que quedas despedido”.

3 O administrador púxose a cavilar: “¿E agora que vou facer, que quedo sen traballo? Cavar, non podo; e botarme a pedir, dáme vergonza. 4 ¡Ora! ¡Xa sei o que vou facer para que cando me despidan haxa quen me acolla na súa casa!”.

5 Vaise, e chama por cada un dos debedores do seu amo e pregúntalle ó primeiro: “¿Ti canto lle debes ó meu amo?”. 6 El respondeulle: “Débolle cen bocois de aceite”. El díxolle: “Pois colle o teu recibo e escribe axiña cincuenta”.

7 Despois preguntoulle ó segundo: “¿Ti canto debes?”. Respondeulle: “Debo cen ferrados de trigo”. Díxolle el: “Pois colle o teu recibo e escribe oitenta”.

8 O amo louvou a aquel administrador inxusto pola renartería con que actuara, pois os fillos deste mundo son máis asisados nas cousas deles cós fillos da luz.

9 Por iso eu avísovos:

—Facede amigos coas riquezas inxustas, para que cando vos falten, vos acollan nas moradas eternas. 10 Quen é fiel no pouco, tamén será fiel no moito; e quen é inxusto no pouco, tamén será inxusto no moito. 11 Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis, ¿quen vos vai confia-la verdadeira? 12 E se no alleo nos sodes fieis, ¿quen vos vai confia-lo voso? 13 Ningún criado pode servir a dous amos, porque ou lle ten xenreira a un e ama o outro; ou ben atende a un e menospreza o outro. Non podedes servir a Deus e mailo diñeiro.

14 Oíndo estas cousas, os fariseos, que tan amigos son dos cartos, facían riso del. 15 El díxolles:

—Vós, moita fachenda de perfectos; pero Deus coñécevos por dentro; e o que loce ante os homes é noxento para Deus.

16 A Lei e mailos Profetas chegaron ata Xoán. Desde entón anúnciase o Reino de Deus, e todos utilizan a forza para entrar nel.

17 Pero máis facilmente pasarán o ceo e maila terra do que caia un simple til da Lei.

18 Todo o que repudia a súa muller e casa con outra, comete adulterio; e o que casa cunha repudiada polo seu marido, tamén comete adulterio.

19 Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba tódolos días espléndidos banquetes. 20 Ó pé da súa porta xacía un pobre, chamado Lázaro, todo cuberto de chagas, 21 que estaba desexando mata-la fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lambe-las chagas.

22 Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ó seo de Abraham. Morreu tamén o rico, e enterrárono. 23 Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abraham e mais a Lázaro no seu seo. 24 Entón suplicoulle dicindo: “Ai, pai Abraham, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume”. 25 Pero Abraham contestoulle: “Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento. 26 Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós”. 27 Entón el insistiu: “Suplícoche, pai Abraham, que o mandes a casa do meu pai, 28 onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos”. 29 Pero Abraham respondeulle: “Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles”.

30 El volveu insistir: “Pero non llelo van facer, pai Abraham, non; se un morto vai onda eles, seguro que se converterán”. 31 Pero Abraham replicoulle: “Se a Moisés e mais ós Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado”.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir