BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Esdras 5
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
A Biblia, SEPT
Esdras 5:1-17

Libro de Esdras

5 Entón, o profeta Axeo e o profeta Zacarías, fillo de Idó, comezaron a profetizar ós xudeus de Xudá e Xerusalén no nome do Deus de Israel, que co seu espírito os invadía. 2 Zerubabel fillo de Xealtiel e Xosué fillo de Iosadac puxéronse en pé e empezaron a construí-lo templo de Xerusalén; con eles estaban os profetas de Deus que os alentaban. 3 Mais Taznai, sátrapa da outra banda do río, Xetar-Boznai e os seus colegas, viñeron onda eles e dixéronlles:

—“¿Quen vos deu a orde de levantar este templo e armar ese madeirame? 4 ¿Como se chaman os homes responsables desta construcción?”

5 Pero Deus ollaba sobre os anciáns de Xudá: non se lles impediu o traballo ata que o asunto chegase a Darío e mandase a acta oficial o antes posible.

6 Copia da carta enviada ó rei Darío polo gobernador da outra banda do río, Taznai, Xetar-Boznai e os seus colegas, as xentes de Arfaxac na outra banda do río. 7 Enviáronlle unha mensaxe na que estaba escrito: —“Ó rei Darío, enteira paz. 8 Que o rei saiba que fomos á provincia de Xudá, ó templo do gran Deus, que están construíndo con pedras talladas e colocando madeira nos muros. Este traballo faise con moito esmero e prospera entre as súas mans. 9 Entón preguntamos ós anciáns e dixémoslles: ¿Quen vos deu a orde de construír este templo e armar ese madeirame? 10 Preguntámoslles ademais polos nomes dos responsables para darchos a coñecer. 11 Velaquí a resposta que nos chegou: Nós sómo-los servidores do Deus dos ceos e da terra, e reconstruímo-lo templo que xa se construíra hai longos anos, o que un gran rei en Israel levantara e completara. 12 Mais porque os nosos pais irritaron ó Señor dos ceos, entregounos nas mans do caldeo Nabucodonosor, rei de Babilonia, que destruíu este templo e deportou o pobo a Babilonia. 13 Sen embargo, no seu primeiro ano, Ciro, rei de Babilonia, deu a orde de volver levantar esta casa de Deus. 14 Ademais, os obxectos da casa de Deus, de ouro e prata, que Nabucodonosor fixera levar do templo de Xerusalén ó templo de Babilonia, o rei Ciro mandounos quitar de alí e confiarllos a Xexbasar, ó que el puxera de gobernador. 15 Díxolle: Colle eses obxectos e lévaos ó templo de Xerusalén, e que a casa de Deus sexa reconstruída sobre os seus mesmos cimentos. 16 Entón ese Xexbasar veu poñe-los cimentos do templo de Deus en Xerusalén. Desde ese momento ata agora, séguese construíndo, mais aínda non está rematada. 17 Polo tanto, se lle prace ó rei, que se inquira nos arquivos reais de Babilonia, a ver se houbo unha orde dada polo rei Ciro para que se construíse esta casa de Deus en Xerusalén, e que se nos envíe a decisión do rei sobre o caso”.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir