IDEA PARA ESTUDAR
Busca un bo lugar para estudar
Gustaríache aproveitar máis o teu estudo persoal? Podes probar estas ideas para concentrarte mellor:
Escolle un bo sitio. Se é posible, busca unha zona limpa e con luz suficiente para ler ben. Podes usar un escritorio, unha mesa ou unha zona cómoda no exterior.
Busca un lugar onde poidas estar só. Xesús escolleu orar “cedo pola mañá” nun “lugar apartado” (Mar. 1:35). Se non che é posible estar completamente só, poderías dicirlles ós teus familiares ou ós teus compañeiros de vivenda cal é o teu horario de estudo e pedirlles que non te molesten.
Mantente concentrado. Evita distraccións. Se usas un teléfono ou unha tableta para estudar, silencia as alertas ou proba usar o modo avión para evitar interrupcións. E se te acordas de que tes que facer algo, anótao para non esquecerte e faino máis tarde. Se che resulta difícil concentrarte, descansa un pouco e aproveita para camiñar ou estirar.