BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 7 páx. 24-páx. 25 par. 1
  • A Torre de Babel

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A Torre de Babel
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • A arca de Noé
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 7 páx. 24-páx. 25 par. 1
A xente deixando de construír a Torre de Babel despois de que Xehová confundise os idiomas

CAPÍTULO 7

A Torre de Babel

Despois do Diluvio, os fillos de Noé tiveron moitos nenos. As súas familias foron crecendo e espallándose pola terra, tal e como Xehová lles dixera.

Pero houbo xente que non obedeceu a Xehová. Dixeron: “Imos construír unha cidade para quedar a vivir aquí. Fagamos unha torre tan alta que chegue ó ceo. Así seremos famosos”.

A Xehová non lle gustaba nadiña o que estaban a facer, así que decidiu impedirlles que seguisen. Sabes como o conseguiu? Fixo que de súpeto falasen idiomas diferentes. Como xa non se entendían entre eles, non puideron seguir coas obras. A cidade que estiveran construíndo chamouse Babel, que significa “confusión”. A xente foi marchando de alí e foron vivir a distintos lugares da terra. Pero alí onde ían, seguían a facer cousas malas. Habería alguén que aínda quixese a Xehová? Descubrirémolo no próximo capítulo.

“A todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano” (Lucas 18:14)

Preguntas. Que fixeron as persoas que vivían en Babel? Que fixo Xehová para impedírllelo?

Xénese 11:1-9

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir