BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 12 páxs. 26-27
  • O sobriño de Paulo foi valente

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O sobriño de Paulo foi valente
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • “Escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Estou limpo do sangue de todo home”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Dándolles un testemuño completo”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 12 páxs. 26-27
O sobriño de Paulo falando co comandante do exército

LECCIÓN 12

O sobriño de Paulo foi valente

Imos coñecer un rapaz que lle salvou a vida ó seu tío. Este rapaz era sobriño do apóstolo Paulo. Non sabemos como se chamaba, pero si sabemos que fixo algo moi valente. Gustaríache saber que foi o que fixo?—

Paulo estaba no cárcere en Xerusalén. Arrestárano porque andaba predicando, falando coa xente sobre Xesús. Había algúns homes malos que odiaban a Paulo, e por iso argallaron un plan malvado. Dixeron: “Primeiro, imos pedirlle ó comandante do exército que os seus soldados leven a Paulo ó tribunal. Entón, escondémonos no camiño e, cando Paulo pase, matámolo!”.

O apóstolo Paulo, na cadea, recibindo noticias do seu sobriño

O sobriño de Paulo contoulles o plan malvado a Paulo e mais ó comandante do exército

O sobriño de Paulo soubo do plan. Que faría? Foi onda Paulo á prisión e contoullo todiño. Ó momento, Paulo díxolle que fose onda o comandante para contarllo a el tamén. Pensas que lle foi fácil ó sobriño de Paulo falar co comandante?— Claro que non, o comandante érache un home moi importante. Pero o sobriño de Paulo foi valente e falou con el.

O comandante soubo exactamente que facer. Xuntou un grupo duns cincocentos soldados para protexer a Paulo! Mandoulles levar a Paulo ata Cesarea aquela mesma noite. Salvaría Paulo a súa vida nesta ocasión?— Pois si! Os homes malos non puideron facerlle dano; o seu malvado plan non funcionou.

Que podes aprender desta historia?— Ti podes ser tan valente coma o sobriño de Paulo. Todos precisamos valor cando falamos de Xehová a outras persoas. E ti? Serás valente e non deixarás nunca de falar de Xehová?— Se o fas, poida que ti tamén lle salves a vida a alguén.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Feitos 23:12-24

  • Mateo 24:14; 28:18-20

  • 1a Timoteo 4:16

PREGUNTAS:

  • Que plan argallaron algúns homes malos para facerlle dano a Paulo?

  • Que fixo o sobriño de Paulo? Por que foi valente o que fixo?

  • Que podes facer para ser tan valente coma o sobriño de Paulo?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir