BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g19 núm. 2 páxs. 6-7
  • A humildade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A humildade
  • Despertade! (2019)
  • Subtítulos
  • QUE É?
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • COMO AXUDARLLES A SER HUMILDES
Despertade! (2019)
g19 núm. 2 páxs. 6-7
Un neno tirando o lixo

LECCIÓN 2

A Humildade

QUE É?

As persoas humildes son respectuosas. Non son arrogantes nin esperan que se lles dea un trato especial. Ó contrario, interésanse de verdade polos demais e están dispostas a aprender doutros.

Algunhas persoas pensan que a humildade é unha mostra de debilidade, pero, en realidade, é unha fortaleza porque nos axuda a recoñecer as nosas debilidades e limitacións.

POR QUE É IMPORTANTE?

  • Axudaralles ós teus fillos a ter máis amigos. O libro La epidemia del narcisismo di que normalmente “a xente humilde está máis conectada ós demais” e que lles é “máis fácil relacionarse con outros e co mundo en xeral”.

  • Axudaralles ós teus fillos no futuro. Aprender a ser humilde axudaralles ós teus fillos agora e no futuro, por exemplo, cando busquen traballo. O doutor Leonard Sax escribiu: “Un rapaz coa autoestima inchada, que non é consciente das súas propias limitacións, non saberá saír airoso nunha entrevista de traballo, pero o que demostre un interese auténtico polo que está dicindo o seu entrevistador terá máis posibilidades de logralo”.a

COMO AXUDARLLES A SER HUMILDES

Axúdalles a ter un punto de vista equilibrado sobre si mesmos.

PRINCIPIO BÍBLICO: “O que, así polas boas, coida que é algo, non sendo nada, a quen engana é a si mesmo” (Gálatas 6:3).

  • Evita as frases enganosas. Dicir frases como “tódolos teus soños se farán realidade” ou “podes conseguir todo o que te propoñas” pode parecer moi motivador, pero a maioría das veces non se cumpren. Se os teus fillos se poñen obxectivos razoables e se esforzan por alcanzalos, probablemente lles irá mellor na vida.

  • Felicítaos por cousas específicas. Dicirlles ós teus fillos que son os mellores non lles vai axudar a ser humildes. Intenta ser específico.

  • Controla o uso que lle dan os teus fillos ás redes sociais. Con frecuencia, a xente usa as redes sociais para chamar a atención sobre si mesma e presumir das súas habilidades ou logros, e iso é totalmente contrario a ser humilde.

  • Anima os teus fillos a pedir perdón. Cando os teus fillos cometan un erro, axúdalles a recoñecelo e a pedir desculpas canto antes.

Ensínalles a ser agradecidos.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Sede tamén agradecidos” (Colosenses 3:15).

  • Pola creación. Os nenos deberían valorar a natureza e comprender que dependemos dela para vivir. Por exemplo, necesitamos aire para respirar, auga para beber e alimento para comer. Con razoamentos coma estes conseguirás que respecten, admiren e agradezan as marabillas da creación.

  • Polas boas calidades dos demais. Recórdalles ós teus fillos que, dunha forma ou doutra, os demais son superiores a eles e que, en vez de ter envexa das súas calidades, poden aprender deles.

  • Ensínalles a mostrar agradecemento. Ensínalles ós teus fillos a dar as grazas, non só de palabra, senón de corazón. A gratitude é esencial para ser humildes.

Ensínalles a importancia de axudarlles ós demais.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el. Non mirar cada un polo que lle ten conta a el, senón tamén polo que llela ten ós outros” (Filipenses 2:3, 4).

  • Pídelles ós teus fillos que che axuden coas tarefas da casa. Non deixar que os teus fillos fagan tarefas na casa é como dicirlles: “Sodes demasiado importantes para facer estas cousas”. Axudar na casa ten que ser o primeiro, e xogar, o segundo. Explícalles canto lles beneficia a outros que eles fagan a súa parte e canto os valorarán e respectarán por iso.

  • Failles ver que facer cousas por outros é un privilexio. Facer cousas polos demais é unha das mellores formas de madurar. Axúdalles ós teus fillos a pensar quen necesita axuda e que poden facer por esa persoa. Felicítaos e anímaos cando fagan algo polos demais.

a Do libro El colapso de la autoridad.

Un neno tirando o lixo

EMPEZA AGORA

Un neno que aprende a facer calquera tarefa da casa probablemente saberá traballar en equipo cando sexa adulto.

Ensina co exemplo

  • Permito que os meus fillos se dean conta de que ás veces eu tamén necesito axuda?

  • Falo ben dos demais ou só os critico?

  • Ven os meus fillos que para min é importante axudar ós demais?

O que din outros pais

“A nosa filla contounos que unha nena da súa clase trataba mal os demais e que ninguén a quería. Díxenlle que aquela nena tal vez tivese problemas na casa, que non todo o mundo ten unha familia feliz. Iso axudoulle a comprender que non é que ela sexa mellor que os demais, senón que quizais as súas circunstancias son mellores” (Karen).

“Animamos as nosas fillas a que simplemente aproveiten o tempo que pasan na escola e a que fagan todo o que poidan, sen compararse cos demais. Queremos que saiban que nós tampouco as imos comparar con ninguén” (Marianna).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir