Nota
b Sara era a medio irmá de Abrahán. Taré era o pai dos dous, pero tiñan diferentes nais (Xénese 20:12). Aínda que hoxe en día un matrimonio así non sería apropiado, é importante recordar que as cousas eran moi diferentes daquela. A humanidade estaba máis cerca da perfección que Adán e Eva perderan. Como a xente era máis saudable, parece ser que o matrimonio entre familiares non presentaba riscos de transmitir defectos xenéticos ós seus descendentes. Pero, uns 400 anos despois, cando as persoas vivían máis ou menos o mesmo tempo ca nós, a Lei mosaica prohibiu as relacións sexuais entre familiares próximos (Levítico 18:6).