BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwhf artigo 4
  • Como falarlles ós fillos sobre o alcohol

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como falarlles ós fillos sobre o alcohol
  • Axuda para as familias
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que debes saber
  • O que podes facer
  • Vexamos o alcohol como o ve Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Como deberían ver os cristiáns o alcohol?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Mantén o alcohol no seu sitio
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2010)
Axuda para as familias
ijwhf artigo 4
Unha nena pequena observa os seus pais bebendo alcohol.

AXUDA PARA AS FAMILIAS

Como falarlles ós fillos sobre o alcohol

“A primeira vez que lle falamos á nosa filla sobre alcohol tiña 6 anos. Para a nosa sorpresa sabía moito máis do que esperabamos” (Alexander).

  • O que debes saber

  • O que podes facer

  • O que di a Biblia sobre o alcohol

O que debes saber

Falar cos fillos sobre o alcohol é vital. Non agardes a que sexan adolescentes. Un pai de Rusia chamado Jamit di: “Deberiamos terlle falado ó noso fillo sobre o uso axeitado do alcohol cando era pequeno. Aprendín a importancia disto da peor forma, pois descubrín que xa bebía alcohol con regularidade cando tiña 13 anos”.

Por que debería preocuparte este asunto?

  • Os compañeiros de clase, a publicidade e a televisión poden influír no punto de vista que teñen os teus fillos sobre o alcohol.

  • A Enquisa sobre uso de drogas en Ensinanzas Secundarias de España do ano 2023 indica que a idade de inicio de consumo de alcohol sitúase nos 13,9 anos. Tamén indica que o 71,2% dos rapaces e o 76,1% das rapazas de entre 14 e 18 anos consumiron alcohol durante o último ano. E un 28,2% recoñeceu beber unha gran cantidade de alcohol polo menos unha vez no mes anterior ó estudo.

Non sorprende que as autoridades sanitarias lles recomenden ós pais ensinarlles ós fillos os perigos do alcohol dende moi novos. Como podes facelo?

O que podes facer

Anticípate ás preguntas dos teus fillos. Os nenos son curiosos e segundo van medrando a súa curiosidade vai a máis. Por iso, farás ben en prepararte para responderlles. Por exemplo:

  • Se o teu fillo che pregunta a que sabe o alcohol, poderías dicirlle que o viño sabe parecido a un zume de froitas ácido e que a cervexa pode ser bastante amarga.

  • Se o teu fillo quere probar o alcohol, podes dicirlle que é demasiado forte para o corpo dos nenos. Tamén podes falarlle dos efectos: o alcohol fai que unha persoa se sinta relaxada, pero en exceso pode facer que se maree, faga parvadas e diga cousas das que despois se arrepinta (Proverbios 23:29-35).

Edúcate a ti mesmo. A Biblia di: “O astuto todo o fai con siso” (Proverbios 13:16). Infórmate sobre os efectos do alcohol e coñece as leis e os límites legais que hai no teu país. Entón estarás preparado para axudar ós teus fillos.

Toma a iniciativa de falar sobre o asunto. “O consumo de alcohol pode ser un tema confuso para os pequenos”, di un pai de Gran Bretaña chamado Mark. Que fixo el? “Pregunteille o meu fillo de 8 anos se pensaba que beber alcohol estaba ben ou mal. Fíxeno nun ambiente informal e relaxado. Iso permitiu que expresase con sinceridade o que pensaba”.

Conseguirás un efecto máis grande se falas sobre o tema do alcohol en varias ocasións. Dependendo da idade do teu fillo, podes falar deste tema xunto con outros asuntos importantes para a súa vida, como a seguridade viaria ou a educación sexual.

Pon o exemplo. Os nenos son esponxas que absorben todo o que hai ó seu arredor. E hai estudos que indican que os pais son os que máis inflúen neles. Iso significa que se ti acodes ó alcohol como principal solución para relaxarte ou calmar o estrés os teus fillos quedarán coa idea de que o alcohol é a solución para a ansiedade. Polo tanto esfórzate por ser un bo exemplo e asegúrate de que ti mesmo usas o alcohol de forma responsable.

Unha nena pequena observa como a súa nai rexeita beber máis viño cando llo ofrece o camareiro.

Os teus fillos van aprender do uso que ti lle das o alcohol.

O que di a Biblia sobre o alcohol

“Ti fas [...] viño que alegra o corazón do home” (Salmo 104:14, 15). O alcohol non é malo, é un agasallo de Deus.

“O viño é burlón e a augardente pelexona, ninguén a quen eles acaneen chegará a sabio” (Proverbios 20:1). O alcohol debe consumirse con responsabilidade.

“Os borrachos [...] non van herdar o Reino de Deus” (1 Corintios 6:10). Deus condena o abuso do alcohol, non o seu consumo.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir