BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 52
  • Cal é o sentido da vida?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cal é o sentido da vida?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Cal é o propósito de Deus para nós?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Podes ser amigo de Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que di a Biblia sobre a amizade?
    Preguntas sobre a Biblia
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 52

Cal é o sentido da vida?

O que di a Biblia

Esta pregunta podería formularse de moitas maneiras, como por exemplo: “Por que estamos aquí” ou “Cal é o propósito da vida?”. A Biblia explica que o propósito da nosa vida é que cheguemos a ser amigos de Deus. Para entender mellor este asunto vexamos algunhas das verdades fundamentais que contén a Biblia.

  • Deus é o noso Creador. A Biblia di: “Sabede que o Señor é Deus, que El nos fixo” (Salmo 100:3; Apocalipse 4:11).

  • Deus fixo todo cun propósito, incluídos nós (Isaías 45:18).

  • Deus creounos con “necesidades espirituais”, entre elas o desexo de saber cal é o sentido da vida (Mateo 5:3, TNM). El quere que satisfagamos ese desexo (Salmo 145:16).

  • Satisfacemos esa necesidade cando nos esforzamos por ter unha amizade estreita con Deus. Aínda que a idea de ser amigos de Deus nos poida parecer imposible, a Biblia dános a seguinte garantía: “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8; 2:23).

  • Para chegar a ser amigos de Deus debemos vivir en harmonía co propósito que ten para nós. A Biblia explica cal é ese propósito en Eclesiastés 12:13: “Teme a Deus e garda os seus mandamentos: porque iso é o home todo” (Sagra Biblia en Galego).

  • No futuro veremos cumprido por completo o propósito de Deus para nós. El promete que eliminará o sufrimento e lles dará vida eterna ós seus amigos, aqueles que o adoren (Salmo 37:10, 11).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir