BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 32
  • Como protexerse da información falsa

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como protexerse da información falsa
  • Outros temas
  • Información relacionada
  • Que efecto teñen en min as redes sociais?
    Preguntas da xuventude
  • Preocupación mundial polas redes sociais e a xente nova
    Outros temas
  • Un alto funcionario de sanidade advirte sobre os efectos prexudiciais das redes sociais nos rapaces. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Meus pais non me deixan usar as redes sociais. Que podo facer?
    Preguntas da xuventude
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 32
Un home comparando información de distintas fontes e medios de comunicación.

Como protexerse da información falsa

Hoxe temos acceso a máis información ca nunca, incluída aquela que nos pode axudar a estar sans e manternos protexidos. Pero é necesario ter moito coidado coa información falsa como, por exemplo:

  • Noticias enganosas

  • Informes falsos

  • Teorías da conspiración

Por exemplo, durante a pandemia da COVID-19 o secretario xeral das Nacións Unidas advertiu sobre unha perigosa epidemia de información falsa. El dixo: “Aumentan os consellos de saúde prexudiciais e os falsos tratamentos médicos. Os medios énchense de falsidades. As insólitas teorías da conspiración contaminan Internet. O odio vólvese viral, difamando e menosprezando a persoas e grupos”.

Está claro que a información falsa non é algo novo. Aínda así, a Biblia predixo que no noso tempo os “homes ruíns e seductores irán de mal en peor, enganadores e enganados” (2 Timoteo 3:1, 13). Hoxe en día, grazas a Internet, é máis fácil e rápido ca nunca recibir información falsa e incluso espallala sen darnos conta. Como consecuencia, o noso correo electrónico, as nosas redes sociais e as alertas que recibimos poderían encherse de datos manipulados ou medias verdades.

Como podes protexerte da información falsa e das teorías da conspiración? Os seguintes principios bíblicos poden axudarche.

  • Un home pensando nas cousas que viu e escoitou.

    Non creas todo o que vexas ou escoites

    O que di a Biblia: “O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

    É moi fácil que nos enganen se non temos coidado. Pensa, por exemplo, nesas imaxes con frases ou vídeos curtos, tan difundidas por Internet, e sobre todo, polas redes sociais. Isto é o que a xente coñece como memes, que normalmente se crean para facer rir. Pero estas imaxes e vídeos poden manipularse ou sacarse de contexto con moita facilidade. Ata se poden facer vídeos de persoas reais dicindo ou facendo cousas que nunca dixeron nin fixeron.

    “A maioría da información falsa que atopan os expertos nas redes sociais inclúe contido, coma os memes, que manipulan o contexto” (Axios Media).

    Pregúntate: “É unha noticia real ou tan só un meme?”.

  • Unha lupa.

    Analiza a fonte e o contido

    O que di a Biblia: “Examinádeo todo” (1 Tesalonicenses 5:21).

    Aínda que unha historia sexa moi popular ou se repita moito nas noticias, asegúrate de que é verdade antes de crela ou de reenviarlla a outros. Como podes facelo?

    Analiza se a fonte é de fiar. Os medios de comunicación e outras organizacións poden contar unha noticia dun xeito que favoreza os seus intereses comerciais ou políticos. Por iso é bo que compares a noticia en distintas fontes de información. Ás veces, ata os amigos poden enviarche, sen darse conta, información falsa a través de mensaxes de correo electrónico ou polas redes sociais. Así que nunca confíes nunha noticia a menos que poidas comprobar a fonte orixinal.

    Asegúrate de que o contido sexa actual e exacto. Fíxate nas datas e busca probas que apoien o que se está dicindo. E sobre todo, ten moito coidado se parece que unha información complexa se conta dunha maneira moi simple ou se está pensada para provocar unha reacción emocional.

    “Agora, comprobar os feitos é tan importante como lavar as mans” (Sridhar Dharmapuri, Oficial Superior de Seguridade Alimentaria e Nutrición da ONU).

    Pregúntate: “Presenta esta noticia opinións coma se fosen feitos? Conta unicamente unha parte da historia?”.

  • Unha lista de verificación.

    Guíate polos feitos e non por opinións persoais

    O que di a Biblia: “O que confía no seu propio corazón é un insensato” (Proverbios 28:26, TNM).

    A miúdo, as persoas confiamos na información que confirma o que queremos crer. Ademais, as compañías de Internet usan o noso historial de busca ou as nosas preferencias persoais para personalizar as noticias ou as alertas que nos envían. Agora ben, o que nos gusta escoitar non é sempre o que necesitamos escoitar.

    “A xente ten a capacidade de pensar e de razoar, pero os nosos desexos, expectativas, medos e motivacións fan que esteamos máis dispostos a crer en algo se está de acordo co que queremos crer” (Peter Ditto, psicólogo social).

    Pregúntate: “Penso que algo é certo tan só porque é o que quero crer?”.

  • Información falsa sendo tirada ó lixo.

    Non espalles información falsa

    O que di a Biblia: “Non propagarás rumores mentireiros” (Éxodo 23:1).

    Recorda que a información que compartes con outras persoas ten a capacidade de influír nos seus pensamentos e accións. Aínda que o fagas sen querer, compartir información falsa pode ter consecuencias moi negativas.

    “A regra número 1 é parar e preguntarse: ‘Estou seguro de que debería compartir isto?’. Se todo o mundo o fixese, habería moita menos información falsa en Internet” (Peter Adams, vicepresidente sénior do News Literacy Project).

    Pregúntate: “Vou compartir esta información porque sei que é verdade?”.

A verdade sobre as teorías da conspiración

Shauna Bowes, unha psicóloga investigadora, di: “As teorías da conspiración están xogando un papel máis importante ca nunca no que pensa e no que di a xente”. Isto é o que debes saber sobre as teorías da conspiración.

Que é unha teoría da conspiración? É a afirmación de que existen grupos poderosos e con malas intencións que planean, en segredo, provocar algún suceso tráxico.

Por que son tan perigosas? As teorías da conspiración debilitan a confianza en fontes de información lexítimas. Como consecuencia, moitas persoas non fan caso da orientación que lles dan estas fontes sobre saúde ou seguridade, e mesmo pode promover prexuízos ou actos violentos contra o grupo que supostamente está involucrado na conspiración.

Por que son tan populares? A Encyclopaedia Britannica afirma que as teorías da conspiración vólvense máis populares en “tempos de ansiedade, inseguridade ou dificultades a nivel xeral como, por exemplo, cando hai guerras, crises económicas e despois de desastres naturais como tsunamis, terremotos e pandemias”. En tempos difíciles coma eses, as persoas aceptan teorías da conspiración porque apoian o que eles cren ou porque lles axudan a entender por que ocorren cousas malas.

Como che pode axudar a Biblia a protexerte das teorías da conspiración? A Biblia dános consellos prácticos que nos poden axudar a controlar a ansiedade en momentos difíciles. Ademais, explícanos por que ocorren cousas malas e cal será a solución. Para saber máis, mira o vídeo Por que estudar a Biblia?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir