PERSONAXE BÍBLICO
Aprende a temer a Deus igual que fixo Abdías
Abdías era o maiordomo da casa do malvado rei Acab, un rei que permitiu que a terrible adoración a Baal enchese o país. Aínda así, Abdías respectou moito a Xehová “desde pequeno” e por iso temía desagradarlle (1 Reis 18:1-13). Por iso, cando a raíña Iezabel ordenou asasinar a tódolos profetas de Xehová, Abdías soubo que tiña que actuar con valor para frear aquilo. Esconder un só profeta xa era perigoso, pero el escondeu a cen e deulles comida nun tempo no que moita xente estaba pasando fame. Imaxina o difícil que tivo que ser evitar ser descuberto por algún dos centos de profetas falsos que servían os reis (1 Reis 18:19).
Que podemos aprender de Abdías? Aínda que lle tiña medo a Acab, temía máis a Xehová. Isto deulle o valor necesario para poñer en risco a súa vida e protexer os seus irmáns. Nós tamén necesitamos temer a Deus, especialmente se é ilegal adoralo no país onde vivimos. Esta clase de temor daranos as forzas necesarias para apoiar os nosos irmáns que estean pasando por probas.