BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 xaneiro páxs. 2-7
  • Sigamos beneficiándonos da guía de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sigamos beneficiándonos da guía de Xehová
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • UN EXEMPLO DE HUMILDADE, PERSISTENCIA E FE
  • SIGAMOS APRENDENDO DA PALABRA DE DEUS IGUAL CA PEDRO
  • POÑÁMONOS A NOVA PERSONALIDADE IGUAL CA PAULO
  • DEIXEMOS QUE XEHOVÁ NOS PROTEXA IGUAL CA DAVID
  • SIGAMOS BENEFICIÁNDONOS DA GUÍA DE XEHOVÁ
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Imitemos a maneira de pensar de Xehová e Xesús
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa para o Congreso de Circuíto con Superintendente de Circuíto
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 xaneiro páxs. 2-7

2-8 DE MARZO DE 2026

CANCIÓN sjj 97 A Palabra de Deus mantennos

Sigamos beneficiándonos da guía de Xehová

TEXTO PARA O ANO 2026: “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus” (MAT. 5:3).

OBXECTIVO

Ver que necesitamos facer para seguir permitindo que Xehová nos guíe e ser realmente felices.

1. Con que necesidades básicas nos creou Xehová? (Mateo 5:3).

XEHOVÁ creou os humanos con certas necesidades básicas. Por exemplo, necesitamos comida, roupa e un lugar seguro onde vivir. Se nos falta calquera destas cousas, aínda que sexa por moi pouco tempo, poderiamos ter unha vida moi difícil ou chegar a morrer. Ademais de crearnos coa necesidade de ter estas cousas materiais, Xehová creounos coa necesidade de coñecelo e confiar nel para guiarnos (le Mateo 5:3). Se queremos ser realmente felices, temos que darnos conta de que necesitamos ser amigos seus e seguir confiando nel.

2. Que comparación utilizarías para explicar o que significa “[recoñecer] que [necesitamos] a guía de Deus”?

2 Que significa “[recoñecer] que [necesitamos] a guía de Deus”? En grego, esta expresión transmite a imaxe mental dun mendigo que necesita axuda. Imaxina a alguén moi pobre vestido con farrapos e sentado na esquina da rúa dunha cidade. Está débil porque non ten moito para comer, polo día aguanta a calor abrasadora do Sol e pola noite pasa frío. A xente evítao e el séntese cansado e triste. O mendigo é consciente de que necesita axuda para mellorar a súa situación. De maneira parecida, alguén que recoñece que necesita a guía de Deus é consciente da súa situación e de que necesita axuda. Por iso está desexando pedirlla e escoitalo.

3. Que veremos neste artigo?

3 Neste artigo, primeiro veremos que podemos aprender dunha muller fenicia que lle suplicou a Xesús que lle axudase. Este relato destaca tres calidades que debemos cultivar os que recoñecemos que necesitamos a guía de Deus. Despois analizaremos o exemplo que nos puxeron tres homes espirituais: o apóstolo Pedro, o apóstolo Paulo e tamén o rei David.

UN EXEMPLO DE HUMILDADE, PERSISTENCIA E FE

4. Que lle pediu unha muller fenicia a Xesús?

4 Nunha ocasión, unha muller fenicia acercouse a Xesús. A súa filla estaba “posuída por un demo e [...] sufrindo moito” (Mat. 15:21-28). A muller axeonllouse e suplicoulle a Xesús que lle axudase. Vexamos que podemos aprender da maneira na que llo pediu.

5. Que calidades mostrou a muller, e que fixo Xesús? (Ver tamén a imaxe).

5 A muller fenicia foi realmente humilde. Por que o dicimos? Porque non se ofendeu cando Xesús a comparou cun canciño, que quizais era o tipo de animal que unha familia xentil tiña na casa como mascota. Como reaccionarías ti se Xesús te dixese isto? Sentiríaste insultado e deixarías de pedirlle axuda? Iso non é o que fixo a muller fenicia. Non só foi humilde, senón tamén persistente. Isto é evidente pola maneira na que lle seguiu suplicando que lle axudase. Que a motivou a facelo? A súa fe en Xesús. De feito, a fe desta muller motivouno a el a facer algo incrible. A pesar de que acababa de dicir que fóra enviado “para axudar soamente ás persoas da nación de Israel”, eliminou o espírito impuro da filla daquela muller xentil.

Unha muller fenicia de xeonllos suplicándolle a Xesús que lle axude. Xesús e tres dos seus discípulos escóitana mentres están sentados á mesa.

A muller fenicia necesitou ser humilde, persistente e ter fe para recibir a axuda que buscaba (ver o parágrafo 5).


6. Que podemos aprender do relato da muller fenicia?

6 Se queremos beneficiarnos da guía de Xehová, necesitamos imitar a esta muller. Temos que ser humildes, persistentes e ter unha fe forte. Só unha persoa humilde lle seguirá suplicando unha e outra vez a Deus que lle axude. Tamén necesitamos ter unha fe forte en Cristo Xesús e confiar nos que el está usando para dirixir os seus discípulos (Mat. 24:45-47). Xehová e Xesús póñense moi contentos ó ver que somos humildes, que seguimos pedindo a súa axuda e que temos fe. Se facemos isto, eles axudarannos e guiarannos (compara con Santiago 1:5-7). Agora vexamos a maneira na que Xehová nos guía e nos dá o que necesitamos para ser felices e tamén o que temos que facer nós para conseguilo fixándonos nos exemplos de Pedro, Paulo e o rei David.

SIGAMOS APRENDENDO DA PALABRA DE DEUS IGUAL CA PEDRO

7. Que lle pediu Xesús a Pedro, e que máis tiña que facer este apóstolo? (Hebreos 5:14–6:1).

7 Vexamos o exemplo do apóstolo Pedro. El foi un dos primeiros xudeus que recoñeceron que Xesús era o Mesías, a quen Xehová estaba usando para levarlle ó Seu pobo “palabras que levan á vida eterna” (Xoán 6:66-68). Xesús, antes de volver ó ceo, díxolle a Pedro: “Alimenta as miñas ovelliñas” (Xoán 21:17). Pedro cumpriu fielmente con esta responsabilidade, e Xehová incluso o usou para escribir dúas cartas que chegaron a ser parte da Biblia. Pero tamén necesitaba estudar a Palabra de Deus. Por exemplo, estudou as cartas inspiradas que o apóstolo Paulo xa escribira e, aínda que sabía que nelas había algunhas cousas que eran “difíciles de entender”, iso non o detivo (2 Ped. 3:15, 16). Tiña fe en que Xehová lle axudaría a entendelas e a obedecer o que aprendera (le Hebreos 5:14–6:1).

8. Que fixo Pedro cando un anxo de Xehová lle dixo que tiña que cambiar a súa maneira de pensar?

8 Pedro demostrou que tiña unha fe forte en Xehová ó obedecer as instrucións que recibira. Por exemplo, mentres estaba na cidade portuaria de Xope, tivo unha visión e un anxo mandoulle comer animais que a Lei mosaica non lles permitía comer ós xudeus. Pedro, quen fora xudeu toda a súa vida, sentía que iso estaba mal. Así que o primeiro que lle dixo foi: “Non, Señor, non podo facelo. Nunca comín nada contaminado ou impuro”. E o anxo díxolle: “Deixa de chamarlles contaminadas ás cousas que Deus limpou” (Feit. 10:9-15). Pedro entendeu a idea. Como o sabemos? Pouco despois de ter esa visión, tres homes enviados por Cornelio, un home xentil, chegaron á súa casa e invitárono a que fose a falar con el. Nunha situación normal, Pedro nunca tería aceptado entrar na casa dun xentil, porque os xudeus considerábanos impuros (Feit. 10:28, 29). Pero despois de que Xehová lle mostrase que desde aquel momento quería que tódalas persoas escoitasen as boas noticias, o apóstolo axustou de inmediato a súa maneira de pensar e obedeceu a Xehová (Prov. 4:18). Predicoulles a Cornelio e ós da súa casa e puido sentir a alegría de velos aceptar a verdade, recibir espírito santo e bautizarse (Feit. 10:44-48).

9. De que dúas maneiras podemos beneficiarnos de estudar cousas que quizais sexan difíciles de comprender?

9 Igual ca Pedro, nós temos que estudar con regularidade a Palabra de Deus. A miúdo leremos cousas que nos serán fáciles de entender, pero tamén temos que aprender a desfrutar de estudar cousas que sexan máis complexas. Asegurémonos de que apartamos o tempo suficiente para estudar a Palabra de Deus en profundidade e que nos esforzamos por comprender cousas que antes non entendiamos. Por que? Porque polo menos nos beneficiaremos de dúas maneiras: por un lado, aprenderemos cousas sobre Xehová que farán máis profundo o noso amor e respecto por el e, por outro lado, cando aprendamos algo emocionante sobre Xehová que non sabiamos, teremos máis ganas aínda de falarlles a outros sobre el (Rom. 11:33; Apoc. 4:11). A maiores, o exemplo de Pedro ensínanos algo máis: cando recibamos axustes na nosa maneira de comprender a Palabra de Deus, adaptemos rapidamente a nosa maneira de pensar e accións. Só así estaremos ben alimentados espiritualmente e seremos útiles para Xehová.

POÑÁMONOS A NOVA PERSONALIDADE IGUAL CA PAULO

10. Segundo Colosenses 3:8-10, que temos que facer para alegrar a Xehová?

10 Para facer feliz a Deus temos que aproveitar outra das cousas que el nos dá: a roupa espiritual. Que é iso? O apóstolo Paulo dixo que temos que “[quitarnos] a vella personalidade” e vestirnos coa “nova personalidade” (le Colosenses 3:8-10). Poñer esa roupa, é dicir, as calidades da nova personalidade, pode ser un reto continuo. Vexamos o propio exemplo de Paulo. Cando era novo, traballou duro para facer feliz a Deus (Gál. 1:14; Filip. 3:4, 5). Pero, en realidade, non comprendía cal era a maneira correcta de adoralo. A súa ignorancia das ensinanzas de Cristo, xunto co seu orgullo, facían que fose un home arrogante que ía vestido cunha personalidade desagradable (1 Tim. 1:13).

11. Que cambio tivo que facer Paulo? Explica a túa resposta.

11 Antes de facerse cristián, Paulo enfadábase con facilidade. Un relato do libro de Feitos di que Paulo estaba tan enfadado cos discípulos de Xesús que os ameazaba “e quería matalos” (Feit. 9:1). Así que, non hai dúbida de que despois de facerse cristián, Paulo tivo que esforzarse por quitar esa característica da súa vella personalidade (Ef. 4:22, 31). Aínda así, cando Paulo e Bernabé tiveron unha discusión, el enfadouse moito (Feit. 15:37-39). Aínda que aquilo foi un paso atrás para Paulo, el non se deu por vencido e seguiu castigando o seu corpo, é dicir, loitando contra as súas imperfeccións para manter a aprobación de Xehová (1 Cor. 9:27).

12. Que axudou a Paulo a seguir facendo cambios na súa personalidade?

12 Paulo conseguiu sacar as características negativas da súa vella personalidade e vestirse coa nova porque non confiou nas súas propias forzas (Filip. 4:13). Do mesmo xeito ca Pedro, el confiou na “forza que Deus dá” (1 Ped. 4:11). Aínda así, ás veces sentía que era un fracaso. Pero cando se desanimaba, recordaba todo o que Xehová fixera por el e iso motivábao a seguir loitando por cambiar e facelo feliz (Rom. 7:21-25).

13. Como podemos imitar a Paulo?

13 Podemos imitar a Paulo se recoñecemos que, sen importar canto tempo levemos servindo a Xehová, temos que seguir esforzándonos por quitar a vella personalidade e poñer a vestimenta espiritual que nos dá Deus. Se cometemos algún erro, como enfadarnos ou falarlle a alguén dunha maneira pouco amable, non temos que vernos coma un fracaso. En vez diso, simplemente debemos seguir intentando facer cambios (Rom. 12:1, 2; Ef. 4:24). De todas formas, mentres o facemos, temos que recordar unha idea importante: a diferenza da roupa literal que axustamos para que nos quede ben, coa vestimenta espiritual que nos dá Xehová somos nós os que nos temos que axustar a ela. O lóxico é que sexamos nós os que cambiemos para estar á altura dos requisitos de Deus.

DEIXEMOS QUE XEHOVÁ NOS PROTEXA IGUAL CA DAVID

14, 15. En que sentido lles dá Xehová un refuxio espiritual ós seus servos? (Salmo 27:5). (Ver tamén a imaxe).

14 Para ser felices de verdade, necesitamos algo máis que alimento e roupa espirituais. Tamén necesitamos un refuxio espiritual. Que é iso, e como podemos asegurarnos de estar baixo a súa protección?

15 O rei David falou sobre a tenda ou refuxio espiritual que nos ofrece Xehová (le Salmo 27:5). Como se pode ver esa protección hoxe en día? Deus protexe os seus servos de calquera persoa ou cousa que poida danar de forma permanente a súa fe nel. El prométenos que non terá éxito ningunha arma que se faga para ir contra nós (Sal. 34:7; Is. 54:17). Aínda que Satanás, os seus demos e as persoas que se opoñen a nós teñen moito poder, non poden facernos ningún dano que sexa permanente. Incluso se acaban coa nosa vida, Xehová devolveránola na resurrección (1 Cor. 15:55-57; Apoc. 21:3, 4). Deus tamén nos axuda a loitar contra as nosas preocupacións para que estas non nos impidan servilo (Prov. 12:25; Mat. 6:27-29). Por outro lado, o noso Pai amoroso dános unha familia espiritual de irmáns e irmás que nos animan e apoian e tamén anciáns que nos ensinan e axudan a manter forte a nosa fe (Is. 32:1, 2). E cando imos ás reunións aprendemos outras maneiras nas que podemos deixar que Xehová nos axude e nos protexa.

Unha irmá levantando a man para comentar durante o estudo de “A Atalaia”. Outros irmáns tamén levantan a man.

Unha irmá busca axuda espiritual ó ir ás reunións cos seus irmáns (ver os parágrafos 14 e 15).


16. Como protexeu Xehová a David?

16 Cando David obedecía a Xehová era feliz porque el axudáballe a tomar decisións que fosen sabias para protexelo (compara con Proverbios 5:1, 2). Pero cando non o obedecía, sufría por culpa das súas malas decisións porque Xehová non o protexía das consecuencias das súas accións (2 Sam. 12:9, 10). E que pasaba cando David sufría por cousas que non eran a súa culpa? Abríalle o seu corazón a Xehová en oración e el axudáballe a estar tranquilo ó asegurarlle que o amaba moito e que ía coidar del (Sal. 23:1-6).

17. Como podemos imitar a David?

17 Podemos imitar a David orándolle a Xehová e buscando o seu consello cando teñamos que tomar decisións. Tamén temos que recordar que cando non obedecemos a Xehová, el non nos vai protexer das consecuencias das nosas malas accións (Gál. 6:7, 8). Pero incluso cando obedecemos a Xehová, ás veces sufrimos por outras razóns. Durante eses momentos difíciles podemos contarlle tódalas nosas preocupacións e pedirlle axuda en oración. Entón, el protexerá o noso corazón e a nosa mente (Filip. 4:6, 7).

SIGAMOS BENEFICIÁNDONOS DA GUÍA DE XEHOVÁ

18. Que pensa moita xente ó noso arredor sobre a guía que nos dá Deus, e que temos que facer se queremos que el nos siga guiando? (Ver tamén as imaxes).

18 O texto para o ano 2026 di: “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus”. Hoxe isto é máis importante ca nunca. Por que? Porque estamos rodeados de persoas que non son felices e que negan ter esa necesidade ou que intentan cubrila á súa maneira coa relixión falsa ou coa filosofía humana. Temos que evitar que se nos pegue esa actitude. Como? Tomando o alimento espiritual que nos dá Xehová, vestíndonos coa nova personalidade e buscando o refuxio e protección que el nos dá.

Serie de imaxes: A irmá que se vía na anterior imaxe buscando a guía de Deus. 1. Estudando un artigo de estudo de “A Atalaia”. 2. Levando comida á casa dun matrimonio. O marido está nunha cadeira coa cabeza vendada e unha vía posta no brazo. 3. Desfrutando dunha visita de dous irmáns.

Temos que seguir deixándonos guiar por Xehová (ver o parágrafo 18).a

QUE RESPONDERÍAS?

  • Que aprendemos de Pedro sobre estudar a Palabra de Deus?

  • Que aprendemos de Paulo sobre como nos pode axudar Xehová a mostrar calidades que lle gusten?

  • Que aprendemos de David sobre como deixar que Xehová nos protexa?

CANCIÓN sjj 162 Necesitamos a guía de Deus

a DESCRICIÓN DA IMAXE: A irmá da imaxe anterior déixase guiar por Xehová estudando A Atalaia, é amable con outros porque quere que a súa personalidade lle agrade a Xehová e acepta a axuda dos anciáns que a guían e a animan con cariño.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir