BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 marzo páx. 5
  • Estaste preparando para a Conmemoración?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Estaste preparando para a Conmemoración?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • A quen podemos invitar?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Xehová bendice os nosos esforzos por asistir á Conmemoración
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Estás preparado para o día máis importante do ano?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 marzo páx. 5
Pedro e Xoán poñendo o pan e as copas enriba dunha mesa

Pedro e Xoán preparan un cuarto para celebrar a Pascua do ano 33 n. e.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Estaste preparando para a Conmemoración?

A última Pascua de Xesús ía ser moi especial. Como a súa morte era inminente, fixo plans para celebrala cos seus apóstolos e establecer unha nova celebración anual: a Cea do Señor. Así que lles pediu a Pedro e a Xoán que preparasen o cuarto onde a ían celebrar (Lc 22:7-13; ver a imaxe da portada do caderno de estudo). Isto lémbranos que debemos prepararnos para a Conmemoración que terá lugar o próximo 27 de marzo. Seguramente as congregacións xa fixeron os plans respecto a quen vai ser o orador, os emblemas e moito máis. Pero, como podemos prepararnos cada un de nós para ese día?

Prepara o teu corazón. Le e reflexiona na lectura bíblica para a Conmemoración. Poderás atopar o programa no folleto Examinando las Escrituras diariamente. Ademais, na táboa “A última semana de Xesús na Terra” atoparás un programa máis detallado (ver tamén o artigo do Caderno de Estudo Vida e Actividades de abril de 2020). Para analizar a importancia do rescate na adoración en familia, busca máis información no Índice de las publicaciones Watch Tower ou na Guía de estudio para los testigos de Jehová.

Unha familia estudando sobre a Conmemoración durante a adoración en familia

Invita a outros. Participa todo o que poidas na campaña de invitación á Conmemoración. A quen podes invitar? Por exemplo, a revisitas, persoas que estudaron a Biblia no pasado, coñecidos e familiares. Os anciáns deben asegurarse de invitar os irmáns inactivos. E se a persoa non vive preto de ti? Podes atopar o lugar e a hora da Conmemoración que se celebrará na súa zona indo á sección QUEN SOMOS de jw.org e premendo en “Conmemoración”.

Dous anciáns visitando un irmán inactivo e invitándoo á Conmemoración

Que máis podemos facer para prepararnos?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir