TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 27-28
Xacob obtén a bendición que lle correspondía
A bendición que Isaac lle deu a Xacob en realidade foi unha profecía.
27:28. Xehová deulles ós descendentes de Xacob unha terra que deitaba “leite e mel” (Dt. 26:15).
27:29. Os israelitas (os descendentes de Xacob) fixéronse máis fortes ca os edomitas (os descendentes de Esaú) (Xén. 25:23; 2 Sam. 8:14).
27:29. Por mor do seu odio cara ós israelitas, os edomitas recibiron unha maldición e, co tempo, desapareceron como nación (Ez. 25:12-14).