BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb18 xuño páx. 8
  • Axudemos ós nosos fillos a triunfar de verdade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Axudemos ós nosos fillos a triunfar de verdade
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Información relacionada
  • Os fillos son unha “herdanza do Señor”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
mwb18 xuño páx. 8
María e Xosé aproveitan o xantar para falarlles de Xehová ós seus fillos

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Axudemos ós nosos fillos a triunfar de verdade

Os pais temerosos de Deus queren que os seus fillos cheguen a ser fieis servos de Xehová. Poden axudarlles a conseguilo inculcándolles as ensinanzas da Biblia dende pequenos (Dt. 6:7; Pr. 22:6). Sen dúbida, isto require un gran sacrificio, pero a recompensa ben paga a pena (3 Xn. 4).

Os pais poden aprender moito do exemplo de María e Xosé. A Biblia di deles: “Polas festas da Pascua seus pais ían tódolos anos a Xerusalén” (Lc. 2:41). Realizar esta viaxe supoñía moito traballo, e tamén diñeiro. Está claro que o máis importante para eles era que a súa familia se achegase a Xehová. Os pais poden guiar os seus fillos na dirección correcta se aproveitan tódalas oportunidades para ensinarlles de palabra e co exemplo (Sal. 127:3-5).

SABÍALO?

Inda que Xesús se criou nunha familia que servía a Xehová, os seus medio irmáns non puxeron fe nel ata despois del morrer (Xn. 7:5; Feit. 1:14). Tempo despois, os seus irmáns Santiago e Xudas escribiron os libros da Biblia que levan cadanseus nomes.

DESPOIS DE VER O VÍDEO APROVEITARON TÓDALAS OPORTUNIDADES, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que fixeron Jon e Sharon Schiller para que servir a Xehová seguise sendo prioritario mentres criaban os seus fillos?

  • Por que os pais deben adaptar a cada fillo a súa forma de ensinar, educar e corrixir?

  • Como poden preparar os pais ós seus fillos para afrontar probas de fe?

  • De tódalas ferramentas que a organización pon á nosa disposición, cales usaches para axudarlles ós teus fillos a ter unha amizade con Xehová?

A familia Schiller

Servir a Xehová debe ser o máis importante na nosa familia

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir