CANCIÓN 144
Mantén os teus ollos alí!
Edición impresa
1. Cando os cegos vexan o solpor
e os xordos oian as cancións,
os rapaces rían sen parar
e todo o mundo sinta paz,
cando os nosos volvan a vivir
e a morte deixe de existir…
(REFRÁN)
O que dixo Deus verás cumprir,
mantén os teus ollos alí!
2. Cando pasten xuntos sen temor
os cordeiros, lobos e leóns,
os meniños libres correrán,
á beira deles xogarán.
Cando xa non haxa máis dolor,
e as bágoas caian de emoción…
(REFRÁN)
O que dixo Deus verás cumprir,
mantén os teus ollos alí!
(Ver tamén Is. 11:6-9; 35:5-7; Xoán 11:24.)