CANCIÓN 137
As nosas fieis irmás
Edición impresa
1. Sara, Ester, María, Rut mais outras...
Cantas mulleres fieis ó seu Creador!
Grandes exemplos de fe e devoción!
Delas, moito nós podemos imitar.
Doutras non sabemos nin o nome,
mais valentes foron servindo a Xehová.
2. Fe, compaixón, amor e lealdade,
son calidades que imos cultivar.
Estas mulleres soubéronas mostrar
e poñérno-lo exemplo a seguir.
Mais tamén agora, neste tempo,
moitas son as servas do noso Deus feliz.
3. Fillas e nais, casadas e solteiras,
sempre dispostas, querendo axudar.
Con humildade, servides a Xehová.
Todo canto vós facedes ben o ve.
Non esquecerá recompensarvos.
Moito el vos quere, seguide sendo fieis.
(Ver tamén Filip. 4:3; 1 Tim. 2:9, 10; 1 Ped. 3:4, 5.)