CANCIÓN 92
Un lugar que leva o teu nome
(1 Crónicas 29:16)
1. Que gran privilexio nos deches,
poder dedicarche un lugar
que dea louvanza e gloria
ó teu santo nome, Xehová.
Puxemos esforzo e cariño,
mais todo foi grazas a ti.
Fixeches posible esta obra,
así o puidemos sentir.
(REFRÁN)
Felices imos dedicar
un centro de adoración.
Xehová, pedimos, por favor,
te-la túa bendición.
2. Que este lugar tan fermoso
se encha de amor e de paz,
que a el veña xente sincera
e cantos te queiran louvar.
Terémolo ben coidadiño,
farémolo de corazón.
Será coma un faro na noite
que aluma co teu esplendor.
(REFRÁN)
Felices imos dedicar
un centro de adoración.
Xehová, pedimos, por favor,
te-la túa bendición.
(Ver tamén 1 Reis 8:18, 27; 1 Crón. 29:11-14; Feit. 20:24.)