CANCIÓN 33
Bota as túas cargas sobre Deus
(Salmo 55)
1. Por favor, Xehová, escoita.
Sinto angustia e temor.
Necesito terte cerca
pra calma-lo corazón.
(REFRÁN)
Oh, Xehová, en ti confío,
sobre ti boto as miñas cargas.
De min coidas con cariño.
Es amor, un Deus leal.
2. Quen me dese ás de pomba
pra fuxir do furacán,
pero estando ó teu abrigo
nada me sacudirá.
(REFRÁN)
Oh, Xehová, en ti confío,
sobre ti boto as miñas cargas.
De min coidas con cariño.
Es amor, un Deus leal.
3. Cando teño o teu consolo
sinto calma e paz mental.
Os problemas pesan menos
se me axudas ti, meu Pai.
(REFRÁN)
Oh, Xehová, en ti confío,
sobre ti boto as miñas cargas.
De min coidas con cariño.
Es amor, un Deus leal.
(Ver tamén Sal. 22:6 [22:5, TNM]; 31:2-25 [31:1-24, TNM].)