BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 82 páx. 192-páx. 193 par. 2
  • Xesús ensina a orar

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús ensina a orar
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Como orarlle a Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Achégate a Deus mediante a oración
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como debemos orar para que Deus nos escoite?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • A quen escoita Xehová?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
Ver máis
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 82 páx. 192-páx. 193 par. 2
Un fariseo orando nunha praza e a xente parada mirando para el

CAPÍTULO 82

Xesús ensina a orar

Todo o que facían os fariseos era para impresionar a xente. Se facían algo bo, era para chamar a atención. Por exemplo, oraban en lugares públicos para que todos os visen. Memorizaban oracións moi longas que repetían nas sinagogas e nas rúas. Por iso a xente quedou moi sorprendida cando Xesús lles dixo: “Non oredes coma os fariseos. Eles pensan que por moito falar van impresionar a Deus, pero iso non é certo. As oracións teñen que ser entre vós e Xehová. Non repitades sempre as mesmas cousas. Xehová quere que lle contedes como vos sentides”.

Un neno axeonllado orando

Xesús seguiu explicándolles como orar: “Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome, veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo”. Ademais díxolles que orasen pola comida do día, polo perdón dos seus erros e outros asuntos persoais.

Xesús tamén dixo: “Nunca deixedes de orar. Seguídelle pedindo cousas boas ó voso Pai Xehová. Un pai sempre quere darlle o mellor ó seu fillo. Ou é que hai algún pai que se o fillo lle pide pan, dálle unha pedra? Ou se lle pide un peixe, dálle unha serpe?”.

Entón Xesús explicoulles: “Se vós podedes darlles cousas boas ós vosos fillos, non vai poder Xehová darvos espírito santo? Só tendes que pedirllo”. E ti? Segues o consello de Xesús? Que lle contas a Xehová cando lle oras?

“Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes, petade e abrirásevos” (Mateo 7:7)

Preguntas. Que lles dixo Xesús ós seus discípulos para ensinarlles a orar? Cando falas con Xehová, cóntaslle cousas que son importantes para ti?

Mateo 6:2-18; 7:7-11; Lucas 11:13

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir