BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hdu artigo 5
  • A abundancia duns remedia a carencia doutros

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A abundancia duns remedia a carencia doutros
  • Como se usan as túas doazóns
  • Información relacionada
  • Dámoslle grazas a Xehová polo amor que demostras
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Unha ofrenda a Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • “Tede o costume de dar”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Como financian a súa obra as Testemuñas de Xehová?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Ver máis
Como se usan as túas doazóns
hdu artigo 5
Imaxes: Actividades que fan as testemuñas de Xehová en todo o mundo. 1. Un irmanciño léndolle dunha publicación a dous rapaces. 2. Unha variedade de publicacións impresas. 3. Un matrimonio predicándolle a un home. 4. Un irmán léndolle un texto bíblico a un home.

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

A abundancia duns remedia a carencia doutros

1 DE OUTUBRO DE 2020

As testemuñas de Xehová realizan as súas actividades relixiosas e humanitarias en máis de 200 territorios. Pero só en 35 deles se fan doazóns suficientes para cubrir os gastos. Daquela, como se sufragan os gastos nas zonas menos prósperas?

O Consello Reitor analiza que precisan as testemuñas de Xehová de todo o mundo para adorar a Deus e predicar a mensaxe da Biblia. Os fondos están moi ben contabilizados e empréganse con moito esmero. Se unha sucursal recibe máis fondos dos que precisa para atender as actividades locais, pon o excedente a disposición doutros territorios que non teñen suficiente. Esta é a mesma axuda mutua que se daban os cristiáns do primeiro século: os que tiñan máis empregaban a súa abundancia para remediar a carencia dos que tiñan menos, e así houbo “igualdade” (2 Corintios 8:14).

Que sentir teñen os irmáns que recibiron excedentes doutras sucursais? En Tanzania, por exemplo, onde máis da metade da poboación vive con menos de dous euros ó día, estes fondos empregáronse para renovar o Salón do Reino da congregación Mafinga. Esta congregación escribiu: “Dende a renovación, a asistencia ás reunións medrou moito! Estamos moi agradecidos á organización de Xehová e ós irmáns de todo o mundo. A súa xenerosidade permítenos desfrutar dun fermoso lugar onde adorar a Deus”.

Algúns dos nosos irmáns de Sri Lanka sufriron escaseza de alimentos por mor da pandemia da COVID-19. Isto pasoulle á irmá Imara Fernando e a seu fillo pequeno, Enosh. Con todo, grazas ás doazóns doutras partes do mundo, recibiron a axuda que precisaban. Nunha tarxeta feita á man, escribiron: “Estamos moi agradecidos ós irmáns que nos demostraron tanto amor nestes momentos duros. Sentímonos verdadeiramente felices por formar parte desta familia, e seguimos orándolle a Xehová para que axude a tódolos nosos irmáns nestes días derradeiros”.

Imara co seu filliño Enosh. O neno ten un cartel que pon “Graciñas” en inglés.

Imara e Enosh Fernando

Sen importar onde vivan, os nosos irmáns séntense motivados a compartir o que teñen. Enosh, por exemplo, fixo un peto para meter cartos el mesmo e así poder axudar as familias necesitadas. Guadalupe Álvarez demostra esa mesma vontade xenerosa. Vive nunha zona de México onde poucas persoas gañan o salario mínimo e outras non teñen ningún ingreso regular. Así a todo, dá canto pode. Ela mesma escribe: “Estoulle moi agradecida a Xehová pola súa bondade e amor leal. Sei que as miñas doazóns engadiranse ás doutras persoas e serán moi útiles para os meus irmáns necesitados”.

As sucursais que envían cartos a lugares de necesidade están encantadas de facelo. Antonio Carballo, que forma parte do Comité de Sucursal de Brasil, di: “Durante moitos anos, o labor no noso país precisou o apoio económico doutros países. Grazas a esta axuda, aumentou moito o número de testemuñas de Xehová aquí. Agora, a nosa situación económica cambiou e temos o privilexio de axudar os demais. Os nosos irmáns de Brasil ven a predicación dende unha perspectiva mundial e, como discípulos altruístas de Xesús, miran de facer canto poden para axudar a outros”.

Cal é a mellor forma de axudar os irmáns necesitados? Non é enviándolle cartos directamente a unha sucursal estranxeira, senón contribuíndo para a obra mundial. Isto pódese facer a través das caixas de contribucións rotuladas “Obra mundial”, e tamén a través de donate.jw.org. Graciñas polas túas doazóns.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir