BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwwd artigo 28
  • A inmersión da balea bicuda de Cuvier

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A inmersión da balea bicuda de Cuvier
  • Deseñouno alguén?
  • Información relacionada
  • O transporte do osíxeno
    Deseñouno alguén?
Deseñouno alguén?
ijwwd artigo 28
Unha balea bicuda de Cuvier.

BluePlanetArchive/Whale Watch Azores

DESEÑOUNO ALGUÉN?

A inmersión da balea bicuda de Cuvier

A balea bicuda de Cuvier pode mergullarse ata os 2992 metros de profundidade, onde a presión é duns 30.300 quilopascais. Esta balea pode permanecer baixo a auga durante períodos de tempo moi longos. Rexistrouse que unha destas baleas estivo baixo a auga 3 horas e 42 minutos antes de volver á superficie a coller aire. Como poden sobrevivir baixo esa presión e con tan pouco osíxeno durante tanto tempo?

Unha infografía que mostra as profundidades aproximadas ás que poden chegar 4 animais mariños diferentes. 1. León mariño da California: 270 metros. 2. Cachalote: 2250 metros. 3. Zifio caldeirón: 2340 metros. 4. Balea bicuda de Cuvier: 2990 metros.

Igual ca outros mamíferos mariños, o volume da súa caixa torácica diminúe e os pulmóns contráense. Algúns investigadores descubriron que os mamíferos mariños usan menos osíxeno cando baixan moito as pulsacións do seu corazón e desvían o seu fluxo sanguíneo desde as extremidades ó cerebro, ó corazón e ós músculos.

Ademais, estes mamíferos almacenan osíxeno nos seus músculos grazas á proteína chamada mioglobina. Esta proteína libera o osíxeno necesario durante unha inmersión moi profunda. Os músculos destes animais teñen moita máis concentración de mioglobina que os dos humanos e animais terrestres.

Houbo un investigador que concluíu o seguinte sobre esta balea: “A súa capacidade de mergullarse a tanta profundidade é impresionante. Baseándonos no que coñecemos sobre o funcionamento do corpo dos animais, estas baleas fan inmersións moito máis profundas e durante moito máis tempo do que podiamos imaxinar”. Os científicos esperan entender mellor como se mergullan estes animais para mellorar o tratamento do colapso pulmonar.

Que dirías? É a capacidade da balea bicuda de Cuvier para facer inmersións largas e profundas resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir