BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 26
  • “Estiven esperando pola túa chamada”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Estiven esperando pola túa chamada”
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • Quedou moi impresionada cos resultados
    Historias persoais de testemuñas de Xehová
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 26
Unha persoa maior mirando pola ventá. Ten detrás un teléfono.

“Estiven esperando pola túa chamada”

Ed e a súa muller, Jennie, probaron por primeira vez a predicación telefónica no ano 2010.a “Non me gustou nadiña así que lle dixen ó meu home que non o faría nunca máis!”, di Jennie. As sensacións de Ed eran moi parecidas. El explica: “Non me gusta recibir chamadas nas que me intentan vender algo, así que non me imaxinaba predicando por teléfono por se a xente me confundía cun vendedor”.

Despois chegou a COVID-19 e as testemuñas de Xehová deixaron de predicar de casa en casa. Pero obedecendo o mandato de Xesús de ensinar as boas noticias, seguiron predicando sobre todo por carta e por teléfono (Mateo 24:14; 28:19, 20). Ó mesmo tempo, as reunións e as reunións para predicar comezaron a facerse por videoconferencia. Un día, Ed armouse de valor para intentar predicar por teléfono de novo. Como se sentiu cando ía facer a primeira chamada? El conta: “Estaba moi nervioso, así que lle pedín axuda a Xehová en oración! Logo fixen a chamada e así foi como coñecín a Tyrone”.b

Tyrone e a súa muller, Edith, viven na zona rural de Kentucky (Os Estados Unidos). Aínda que Tyrone ten 83 anos, aceptou estudar a Biblia con Ed por teléfono. Como non ve moi ben, usa unha lupa para preparar as clases.

Ó redor dun mes máis tarde, Tyrone e Edith comezaron a asistir ás reunións de congregación. Como non tiñan conexión a Internet, conectábanse por teléfono. Que fixo que Edith se interesase na verdade?

Durante o estudo, Ed e Jennie escoitaban como Edith axudaba polo baixiño a Tyrone a atopar as respostas dos parágrafos e os textos da Biblia, pero non ía máis aló. Jennie conta: “Polo seu ton de voz démonos conta de que estaba moi triste, pero nin Ed nin eu sabiamos o motivo”.

Ed e Jennie predicando por teléfono.

Un día, Jennie sentiu que tiña falar con Edith. Así que, cando lle pareceu que era un bo momento, pediulle o teléfono a Ed para falar con ela. Cando chamou a Tyrone explicoulle que escoitaba a súa muller falar polo baixiño durante o estudo. Por iso lle quería preguntar a Edith se algún día lle gustaría ler da Biblia ou facer un comentario nun estudo.

Logo dunha pequena pausa, Edith púxose ó teléfono e díxolle cun fío de voz: “Eu tamén quería falar contigo. Son testemuña de Xehová e levo inactiva 40 anos”.

Jennie dixo sorprendida: “Pero es a miña irmá!”. E as dúas empezaron a chorar.

Pouco despois, Ed deulle a Edith un exemplar do folleto Volve a carón de Xehová. Nas seguintes semanas, Ed e Jennie viron un cambio positivo en Edith. “Ó principio, notabamos a súa voz triste pero agora hai vida nela” comenta Ed. Edith comezou a acercarse de novo a Xehová e agora é unha publicadora feliz das boas noticias. O seu home bautizouse como testemuña de Xehová en xullo de 2022.

Cando Ed recorda o que sentía pola predicación telefónica, vénlle á mente unha conversación que tivo con Tyrone. Despois de lerlle Xoán 6:44 e explicarlle que é Xehová quen trae a xente á verdade, Tyrone estivo de acordo e díxolle: “Eu estiven esperando pola túa chamada”. Jennie tamén está encantada de que ela e o seu home se armasen de valor para predicar por teléfono a pesar dos seus nervios. Está claro que cando intentamos facer algo por Xehová que é difícil para nós, el bendícenos.

a As Testemuñas de Xehová predican tendo en conta as leis de protección de datos vixentes.

b Cambiáronse algúns nomes.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir