PERSONAXE BÍBLICO
Pon en primeiro lugar o teu servizo a Xehová igual que Manaén
Manaén formaba parte dos irmáns que dirixiron a congregación do primeiro século en Antioquía. El “fora compañeiro de estudos de Herodes, o gobernante do distrito” (Feit. 13:1). Así que recibira moi boa formación e posiblemente crecera nunha familia rica.
A pesar dos seus antecedentes, Manaén decidiu facerse cristián e apoiar a congregación. Non usou a súa educación ou os seus contactos con xente poderosa para beneficiarse. Máis ben, traballou duro para servir os seus irmáns.
O seu exemplo móstranos que servir a Xehová é máis importante que conseguir certo status neste mundo. Igual ca el, deberiamos poñer en primeiro lugar as cousas espirituais en vez de intentar ser ricos ou famosos (Mat. 6:33). Ademais, aínda que valoramos a formación, seguimos asegurándonos “de cales son as cousas máis importantes” e de que nada nos distraia de adorar a Xehová (Filip. 1:9, 10).