IDEA BÍBLICA
Xesús aprendeu a obedecer
Xesús sempre foi obediente a Xehová (Xoán 8:29). Entón, por que di del a Biblia: “aprendeu sufrindo o que é obedecer”? (Heb. 5:8).
Mentres estivo na Terra, Xesús enfrontouse a circunstancias que non existían no ceo. Foi criado por pais que amaban a Xehová pero que eran imperfectos (Luc. 2:51). Sufriu a corrupción de líderes relixiosos e o trato inxusto dalgúns oficiais (Mat. 26:59; Mar. 15:15) Ademais, tivo unha morte moi dolorosa. A Biblia di: “humillouse e fíxose obediente ata a morte” (Filip. 2:8).
Estas experiencias ensináronlle a obedecer dunha maneira que non vivira no ceo. Desta maneira puido converterse no Rei e Sumo Sacerdote perfecto, un que pode entendernos (Heb. 4:15; 5:9). Xesús chegou a ser máis valioso para Xehová despois de aprender a obedecer coas cousas que sufriu. Nós tamén podemos ser máis valiosos para Xehová e máis útiles en calquera asignación que nos dea se seguimos sendo obedientes a pesar dos problemas que vivamos (Sant. 1:4).