BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 febreiro páxs. 30-31
  • Unha simple pregunta que pode ter moi bos resultados

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha simple pregunta que pode ter moi bos resultados
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Información relacionada
  • Tivo o valor de aceptar
    Sirve a Xehová con valor
  • O anxo Gabriel visita a María
    Aprendamos das historias da Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 febreiro páxs. 30-31
Unha irmá e o seu marido dirixindo un curso da Biblia cunha muller por videoconferencia.

Unha simple pregunta que pode ter moi bos resultados

Mary e o seu marido John viven nunha parte do mundo onde lles poden predicar as boas noticias a moitos traballadores estranxeiros que veñen de Filipinas.a Durante a pandemia da COVID-19, Mary empezou moitos cursos da Biblia non só con xente que está no país onde ela vive senón tamén doutros lugares. Como o fixo?

Mary preguntáballes ás súas estudantes se coñecían máis persoas que quixesen estudar a Biblia. Se algunha contestaba que si, ela dicíalle: “Poderías presentarmas?”. Facer esta simple pregunta a miúdo lle deu bos resultados. Por que? Porque as persoas que valoran a Palabra de Deus normalmente queren compartir o que aprenden coa súa familia e cos seus amigos. Entón, que pasou cando Mary lles fixo esta pregunta ás súas estudantes?

Unha delas que se chama Jasmin presentoulle outras catro mulleres que querían estudar a Biblia. Kristine, que era unha delas, desfrutaba tanto do curso que lle pediu a Mary se podían facelo dúas veces á semana. Cando Mary lle preguntou se coñecía alguén máis que tamén quixese estudar, Kristine díxolle: “Si, vouche presentar as miñas amigas”. En poucas semanas esta muller presentoulle catro delas. Máis adiante presentoulle outras, e algunhas destas fixeron o mesmo con máis persoas.

Kristine tamén quería que a súa familia de Filipinas aprendese da Biblia. Así que falou coa súa filla Andrea, quen ó principio pensaba que as Testemuñas somos unha seita, que non cremos en Xesús e que só usamos o Antigo Testamento. Pero, despois da primeira clase, deuse conta de que iso non era verdade. Cada vez que aprendía algo novo, ela dicía: “Se o di a Biblia ten que ser certo!”.

Un tempo despois, Andrea presentoulle a Mary dúas amigas e unha compañeira de traballo que tamén empezaron a estudar. Ademais, sen que Mary o soubese, a tía cega de Andrea que se chama Ángela escoitábaas mentres estudaban. Un día Ángela díxolle a Andrea que lle gustaría coñecer a nosa irmá e ter o seu propio curso da Biblia. A esta muller encantáballe o que estaba estudando e, en menos dun mes, aprendeu de memoria moitos textos da Biblia. Incluso pediu facer o curso catro veces por semana! Tamén empezou a escoitar as reunións regularmente por videoconferencia coa axuda de Andrea.

Cando Mary se deu conta de que Joshua —o marido de Kristine— sempre andaba por onda elas mentres facían o curso, preguntoulle se quería unirse. Joshua dixo: “Eu só veño escoitar, pero non me fagas ningunha pregunta, senón levántome e marcho”. Pero nos primeiros cinco minutos da clase fixo máis preguntas que Kristine e xa quixo estudar a Biblia.

Esta simple pregunta que fixo Mary levou a que moitos empezasen un curso da Biblia. Con varios deles fixo plans para que estudasen con outros irmáns. En total empezou 28 cursos con persoas que vivían en 4 países diferentes.

Jasmin —a primeira estudante que mencionamos nesta experiencia— bautizouse en abril de 2021. Kristine fíxoo en maio de 2022 e regresou a Filipinas para estar coa súa familia. Outras dúas estudantes que Kristine lle presentara a Mary tamén chegaron a ser testemuñas de Xehová. E, uns meses máis tarde, Ángela bautizouse e agora serve como pioneira regular. Ademais, Joshua —o marido de Kristine—, Andrea —a súa filla— e outros estudantes están progresando moi ben.

A mesma irmá da imaxe anterior falando coa súa estudante da Biblia e catro das súas amigas por videoconferencia.

No primeiro século, as boas noticias estendéronse rapidamente entre familiares e amigos (Xoán 1:41, 42a; Feit. 10:24, 27, 48; 16:25-33). Por que non lles preguntas ós teus estudantes e a outras persoas interesadas se coñecen alguén máis que tamén queira estudar a Biblia? Quen sabe cantos cursos se poderían empezar grazas a esta simple pregunta!

a Cambiáronse os nomes.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir