BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w20 marzo
  • Sabíalo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sabíalo?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
w20 marzo
Xosé camiñando cunha caravana de madianitas cara a Exipto.

Sabíalo?

Ademais do que di a Biblia, que outras probas hai de que os israelitas foron escravos en Exipto?

A Biblia di que, despois de que os madianitas levasen a Xosé a Exipto, o patriarca Xacob e a súa familia mudáronse alí dende Canaán. Eles establecéronse na rexión exipcia que se chama Goxén, no delta do Nilo (Xén. 47:1, 6). Os israelitas “creceron [e] fixéronse moi fortes”. Por iso, os exipcios empezaron a ter medo dos israelitas e obrigáronos a ser seus escravos (Éx. 1:7-14).

Algúns críticos da actualidade búrlanse deste relato da Biblia dicindo que é un mito. Aínda así, hai probas de que existiron escravos semitasa no antigo Exipto.

Por exemplo, os arqueólogos encontraron restos de antigos asentamentos no norte de Exipto. O experto John Bimson di que existen probas de 20 asentamentos semitas ou máis nesa zona do norte de Exipto. Ademais James Hoffmeier, especialista en exiptoloxía, di: “Aproximadamente entre os anos 1800 e 1540 a.n.e., Exipto foi un sitio moi atraente para que emigrasen as persoas de fala semítica de Asia occidental”. Ademais dixo: “Este espazo de tempo coincide coa ‘época dos patriarcas’ e, polo tanto, encaixa co período e coas circunstancias que se describen en Xénese”.

Pero hai máis probas no sur de Exipto. Un papiro que data do Imperio Medio (arredor dos anos 2000 a 1600 a.n.e.) contén nomes de escravos que traballaron nunha casa no sur de Exipto. Máis de corenta deses nomes son semitas. Estes escravos, ou servos, traballaban como cociñeiros, tecedores e obreiros. Hoffmeier di: “Como había máis de corenta escravos semitas nesta propiedade de Tebaida [no sur de Exipto], é probable que a cantidade que había por todo o país fose considerable, sobre todo na zona do delta”.

O arqueólogo David Rohl escribiu que algúns dos nomes dos escravos da lista “parecen nomes sacados directamente da Biblia”. De feito, os fragmentos conteñen nomes parecidos ós de Isacar, Aser e Xéfora (Ex. 1:3, 4, 15). Rohl finaliza dicindo: “Esta é unha proba clara de que os israelitas foron escravos en Exipto”.

O experto Bimson di: “As tradicións bíblicas sobre a escravitude en Exipto e o éxodo teñen unha base histórica sólida”.

a O termo semita vén de Sem, un dos tres fillos de Noé. Entre os descendentes de Sem é posible que tamén se atopasen os elamitas, os asirios, os primeiros caldeos, os hebreos, os sirios e varias tribos árabes.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir