BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb22 novembro páx. 11
  • Confía en que Xehová te protexerá durante o fin deste sistema

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Confía en que Xehová te protexerá durante o fin deste sistema
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Información relacionada
  • Manteñámonos firmes segundo se achega a fin
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Que é a guerra de Harmaguedón?
    Preguntas sobre a Biblia
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
mwb22 novembro páx. 11
Un irmán estudando o libro “A adoración pura de Xehová: por fin restaurada!” Está imaxinando o anxo de Xehová protexendo un grupo de irmáns durante o Harmaguedón.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Confía en que Xehová te protexerá durante o fin deste sistema

Moi pronto, a paciencia de Xehová con este mundo malvado chegará ó seu fin. A relixión falsa será destruída, unha coalición de nacións atacará o pobo de Deus e El acabará coas persoas malas en Harmaguedón. Os cristiáns estamos desexando que ocorran estes acontecementos importantes.

Aínda así, non temos tódolos detalles sobre a gran tribulación. Por exemplo, non sabemos exactamente cando vai empezar. Tampouco sabemos como xustificarán os gobernos o seu ataque á relixión. Descoñecemos como vai ser, ou canto durará, o ataque das nacións ó pobo de Deus. E tampouco sabemos con exactitude o que fará Xehová para destruír as persoas malas en Harmaguedón.

Pero as Escrituras dannos toda a información que necesitamos para enfrontarnos ó futuro con valor e confianza. Por exemplo, sabemos que estamos vivindo “nos últimos días” (2Ti 3:1, TNM). Tamén sabemos que se acortará o ataque ás relixións para que a relixión verdadeira non sexa destruída (Mt 24:22). Sabemos que Xehová salvará o seu pobo (2Pe 2:9). E tamén sabemos que Xehová escolleu a alguén xusto e poderoso para acabar coas persoas malas e protexer a gran multitude no Harmaguedón (Ap 19:11, 15, 16).

Os acontecementos do futuro farán que a xente estea chea de medo (Lc 21:26). Pero se lemos e reflexionamos en como Xehová salvou o seu pobo no pasado e no que nos contou sobre o futuro, teremos a confianza para facer o que di Lucas 21:28: “Poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día da vosa liberación”.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir