TESOUROS DA BIBLIA | ÉXODO 39-40
Moisés seguiu con coidado as instrucións
39:32, 43; 40:1, 2, 16
Moisés seguiu con moito coidado tódalas instrucións que Xehová lle deu para construír e montar o tabernáculo. Do mesmo xeito, nós deberiamos obedecer deseguida e de boa gana calquera instrución que recibamos da organización de Xehová. Deberiamos facelo mesmo se non entendemos o motivo desas instrucións ou non nos parecen importantes (Lc. 16:10).
Por que deberiamos seguir con moito coidado as instrucións que recibimos...
durante as reunións para predicar?
para prepararnos para unha emerxencia médica?
para prepararnos para un desastre?