TESOUROS DA BIBLIA | ÉXODO 35-36
Capacitados para realizar a obra de Xehová
35:25, 26, 30-35; 36:1, 2
O espírito santo de Xehová capacitou a Besalel e a Oholiab para construír o tabernáculo seguindo os planos detallados que recibiron. O Seu poderoso espírito santo tamén pode axudar os seus servos hoxe en día. Que debemos facer para recibir esa axuda?
Orar para que o espírito santo potencie calquera habilidade que teñamos para servir a Xehová.
Ser dilixentes ó estudar a Palabra inspirada de Deus.
Dar o mellor de nós en calquera responsabilidade que nos encarguen.
Para que responsabilidades pode capacitarte Xehová?