A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como predicar a través dunha cámara ou dun interfono
POR QUE É IMPORTANTE. Debido ós avances tecnolóxicos e ó aumento da delincuencia, cada vez é máis común que nas vivendas haxa cámaras de seguridade e interfonos. Poida que nos intimide predicarlle a unha persoa á que non podemos ver pero que ela si nos pode ver a nós. As seguintes ideas axudarannos a ter máis confianza ó predicar a través dunha cámara ou dun interfono.
COMO FAGO?
Sé positivo. Moitos amos de casa que dispoñen de cámara ou de interfono están dispostos a conversar.
Lembra que algunhas cámaras comezan a gravar antes de que toques o timbre, así que poida que o amo de casa empece a verte e a escoitarte segundo te achegues á porta.
Cando o amo de casa conteste, fálalle ó interfono ou á cámara coma se a persoa estivese diante túa. Sorrí e sé natural. Dille o mesmo que tiñas pensado dicirlle en persoa. Se hai unha cámara, non te achegues demasiado a ela. Se o amo de casa non contesta, non deixes unha mensaxe de voz aínda que o interfono che dea esa opción.
Despois de que remate a conversa, lembra que quizais o amo de casa aínda te estea vendo ou escoitando.